Vascos, nacionalistas e neofatxes

Penso que ningún cidadán do Estado Español é alleo ao proceso de paz que se está a vivir en Euskal Herria. Estamos a ver como os dous principais partidos políticos españois se enfrontan un contra outro baixo a mirada expectante dos nacionalistas galegos, cataláns e mesmo vascos. Por un lado, Catalunya e Galiza tomaron unha actitude moi distante a respecto do proceso. CiU e ERC non definiron moi claramente as súas posturas e o BNG adicouse a defender ao goberno de España en troques de avogar por un proceso de diálgo diferente da loita policial ou da "negociaón" unilateral. Por outra banda, na propia Euskal Herria, o PNV está a tomar unha posición máis ambigua que os sitúan coma ponte de enlace entre o goberno español e o Movemento de Liberación Nacional Vasco. Dentro da esquerda abertzale, Batasuna está a xogar un papel que considero moi interesante neste proceso. Foi a única organización que se deu conta de que nun proceso de paz, todos debemos de ceder algo, e que se non hai vontade de diálogo non se conseguirá nada. De feito, aí están as declaracións de Otegi solicitándolle a ETA que mantivese os compromisos acadados na tregua, a proposta de crear unha comunidade autónoma que unifique Euskadi e Nafarroa, ou a entrevista en La Vanguardia na que di que o Estado Español non lle ten que pagar ningún prezo político a ETA. Ben é certo que as municipais están a un paso e que Batasuna ten moito interese en presentarse, e que estas declaracións poden ir motivadas para acadar a súa legalización. Independentemente disto, penso que tódolos partidos deben de seguir o exemplo desta organización, que si todos aprenderamos a ceder, a paz sería unha realidade e non unha ilusión.

Por outra banda, alégrome da solución do problema De Juana. Aínda que a solución ideal sería que o Supremo anulase completamente a condena da Audiencia Nacional, a reducción da condena a 3 anos e a posibilidade de que Iñaki volte á súa casa non só é un acto de xustiza, senón que debería permitir avanzar no proceso de paz. Lamentabelmente, aínda quedan organizacións tan rastreiras que tan só respectan as decisións dos xuíces cando lles beneficia e que ven o estado de dereito unicamente coma unha ferramenta para acadar os seus intereses políticos. Falo da Asociación de Víctimas do Terrorismo, do Foro de Ermua e sobre todo da organización matriz: o Partido Popular. Pero o que me parece máis triste, é que determinados medios de comunicación se encargan de facer de voceiros e de contaminar á sociedade coa súa propaganda neofatxe*.

En fin, mentres a sociedade non lle plante cara a esta nova extrema dereita reconvertida en demócrata, nada cambiará.



* Atentos á canción de Lluís Llach que porei na radio nos vindeiros días: Neofatxes Globales




5 comentarios:

4 de março de 2007 às 08:50 Ninsesabe disse...

Permanecemos atentos.
Pero creo que Batasuna ten que ser máis clara. Na miña opinión, é o momento de renunciar á violencia, sen darlle máis voltas.Ese xesto sería moi importante, e, de paso, daríalle un hostiazo a esa extrema dereita da que falas. Aínda que a eses, nada lles vale. Están acostumados a estar enriba do machito, e cando non lles toca, póñense dos nevos...

4 de março de 2007 às 20:18 Xan Guindán disse...

Realmente, a Batasuna pídenlle que condene a violencia de ETA, que condene abertamente o terrorismo. Non vexo motivo para que faga iso, cando nunca o apoiou explicitamente

8 de março de 2007 às 13:53 Ninsesabe disse...

Hai, polo menos, un motivo: desarmar á dereita.

8 de março de 2007 às 18:47 Xan Guindán disse...

Unha cousa é desama-la dereita, e outra moi distinta é facerlle semellante favor ao PSOE.

9 de março de 2007 às 00:07 Ninsesabe disse...

Non quero polemizar, pero máis favor lle están facendo ó PP. Se volven a janar estes tipos, eu doume de baixa de persoa e fájome can, polo menos.Ti non sei, pero eu téñolles medo.

Postar um comentário