Nacionalistas si...pero pouquiño

Para unha persoa que, coma min, case non ve a televisión, YouTube estase a converter nun medio indispensábel para enterarse de todas estas cousiñas curiosas que pasan pola caixa tonta. Deste xeito, cando me din aquilo de: ¿viches os outro día na tele tal anuncio, ou tal entrevista?, rapidamente tecleo www.youtube.com e procuro o anaco do programa que me interese. O outro día pasou algo semellante, alguén me comentou que en CQC saira Anxo Quintana facendo unhas declaracións un tanto curiosas e que estaba dispoñíbel en YouTube. A verdade, e que era consciente da pouca formación política deste individuo, pero isto superou tódalas miñas expectativas. Para compartir con vosco as súas declaracións, póñovos a continuación o vídeo. A súa gloriosa intervención comeza aos 3 minutos e 48 segundos de reportaxe e o momento de éxtase chega 10 segundos despois, para que vexades o pouco que tarda este home en cagala.





"Aquí en España". Pode parecer un simple lápsus, pero eu véxoo como algo máis grave. Debemos ter en conta que o nacionalismo galego sempre levou o capirote de ir detrás dos movementos de liberación nacional vascos ou cataláns, non de ser algo propio, diferenciado e serio. De feito, no debate do Estatuto non houbo ningún intento de facer algo novo, adaptado ás circunstancias político-sociais da nosa terra, senón que se pretendeu emular o Estatut de Catalunya. E se o máximo dirixente da principal formación nacionalista di cousas como "Aquí en España"...que imaxe esta a dar do movemento que representa? Pois a dunha xentiña que xoga a ser nacionalista, pero que non é nada serio, que non pasa nada por dicir Aqui en España e que non teñen nada que ver con individuos como Carod Rovira ou Juan José Ibarretxe (que non cometen ese tipo de erros). Por outra banda, chamoume moito a atención que o arxentino ao que entrevista Gonzo intenta falar en galego, pero tódolos políticos cós que se topa rapidamente cambian ao castelán. Isto podía ser de esperar por parte dos partidos españois, pero que os nacionalistas tamén o fagan, indica o nivel que aquí temos.


Nacionalistas si...pero pouquiño



1 comentarios:

21 de fevereiro de 2007 01:39 Mar e Lúa disse...

Do estatuto mellor nin falar... É unha vergoña a pasividade coa que tomamos o tema...
Creo que aínda nos quedan moitas cousas que aprender doutras comunidades/nacións ou como se lle quera chamar.
O de "aquí en España", pois bueno, nese contexto... amañouno máis ou menos preguntando se non era tamén para fóra de Galicia, pero aínda así...

O que si que me dá moitísima rabia é que nunca subtitulen o galego... Se fose catalán habíano deixar así, sen traducir... ¿Que pasa, que o galego non é un idioma?
E o do arxentino tamén ten tela...
Pero bueno, vou ir calando, que se non podo seguir así ata pasado... Deu moito de si o vídeo... Jejeje.
unha aperta!!

Postar um comentário