Aínda que por mor dos exames estou un pouco desconectado do resto da sociedade, intento botarlle tódolos días unha ollada rápida á prensa dixital. A noticia que hoxe máis me chamou a atención atopeina en ElPais.com:
Una auditoría revela un fraude de 10.000 millones de dólares de fondos estadounidenses destinados a Irak
Una auditoría revela un fraude de 10.000 millones de dólares de fondos estadounidenses destinados a Irak
Halliburton, empresa anteriormente dirigida por el vicepresidente, Dick Cheney, es responsable de algo más del 25% de los mismos
Non entendo como a xente elixe montar zapatarías, panadarías ou bares para facer cartos. Se tan só con ler o xornal vemos que o gran negocio está nas guerras. Mirade para os propietarios das fábricas de armas, ou para os que se encargan de reconstruír Irak, ou mirade para a ex-empresa de Dick Cheney. O diñeiro está nas guerras. Pode que sexa moralmente reprochábel, pero amigos...
Business is Business
Business is Business
4 comentarios:
Roubar lévate ó cárcere se roubas pouco. Roubando moito convírteste nun señor respetable. Escoitei un día que o auténtico nejocio non era atracar un banco, senón fundalo. Aquí pasa aljo parecido.
Por certo que non o fan nada mal eses Icewind. É unha pena.
Pasarei por aquí para estar ó tanto da música actual, á que, teño que recoñecelo, non lle adico a atención precisa...O reproductor de Odeo gústame moito, pero eu non son capaz de meterlle máis de 20 cancións...Por eso me cambiei a Radio Blog.
Ei de pór un par de cancións dun grupo que se cadra che gusta. Gotthard. Son unha banda de Hard Rock Melódico suíza. Aínda que a si a pelo poida paracer algo moi raro, a verdade é que están moi ben. Fai pouco (no 2005 creo) editaron un directo chamado Made in Switzerland, que é unha marabilla. Hai un par de versión de grupos dos 70 que son xenias, concretamente tocan The Inmigrant Song de Led Zeppelin e Hush de Deep Purple. Ademáis, as súas propias cancións tamén son caralludas, poño por exemplo Al we Are ou a balada One Life one Soul. A ver se mañá fago un post sobre eles con tempo, e colgo algunha canción.
Saúde e grazas polo comentario
Estou escoitando o grupo e soa ben. Espero o teu post para aprender aljo máis deles. En principio demostran ser intelixentes se versionan a Zeppelin ou Deep Purple...(je,je,je, sempre barrendo pa casa).
Pois xa está posto. Lamento a tardanza, pero é que como estiven un pouco liado cos exames. Pero xa remato mañá, así que espero poder actualizar con certa frecuencia. Esperto que che guste Gotthard, xa irei subindo algunha canción máis
Saúde
GALIZA CEIBE E SOCIALISTA
Postar um comentário