Dream Theater


Ola amigos, onte chegou ás miñas mans un disco chamado A Change of Seasons, de Dream Theater. Trátase dun album de Progresive Metal no que se inclúen varias versións de grandes clásicos como Pink Floyd, Led Zeppelin ou Queen; e máis unha canción propia do grupo (Change of Seasons). Eu xa oira falar do virtusismo destes músicos estadounidenses, pero ao escoitalos pareceume que tódalas loubanzas se quedan curtas. Xa intentarei de convencer ao Pobreloko para que poñe un tema deles na Radio. Mentres, se tedes a oportunidade de escoitalos, non a malgastedes. Ler máis...

Gran discurso do Premio Nobel de literatura, Harold Pinter

Ola amigos,
¿Coñecedes a Harold Pinter? É un escritor británico que este ano gañou o premio Nobel de literatura. Por problemas de saúde non puido ir a recollelo, pero enviou un video co seu discurso grabado. É curioso, eu non o vin en ningún dos grandes medios de comunicación. Da que pensar ¿ou non?

Podedes lelo aquí http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=46427 Ler máis...

Páxina de documentación marxista

Saudos camaradas. Quería informarvos da existencia desta páxina de bibliografía marxista (http://www.marxists.org). Nela poderedes atopar as obras máis significativas dos grandes pensadores revolucionarios da historia. Está dispoñíbel nunha gran variedade de idiomas, lamentabelmente, non en galego. A pesar de todo espero que vos guste.


Ler máis...

A necesidade do cambio social

- A destrucción do medio natural é unha evidencia. Día a día, milleiros de industrias emiten inxentes cantidades de gases nocivos á nosa atmosfera, contaminan as nosas costas, destrúen os nosos campos. ¿E todo iso por qué? Por querer obteñer o máximo beneficio a costa dos bens de todos.

- O 80% dos recursos económicos están concentrados nun 25% da poboación mundial. Deixando na máis absoluta miseria a miles de persoas nos países desenvolvidos.

- Día tras día, miles de nenos do terceiro mundo morren de inanición. Mentres, occidente mira cara outro lado.

- Dentro do mundo occidental, discrimínase ao inmigrante, ao homosexual, ao que é diferente. Mentres os políticos burgueses enchen os xornais con estúpidas ideas de falsa liberdade.


Sóbrannos os motivos. O cambio social é unha necesidade.

Dende Revolta Rockeira avogamos polo comunismo patriótico. Un método de loita que pretende a liberación da Galiza do xugo do Estado Español, para poder decidir o seu futuro. Dende aí, crear un estado proletario que loite polo comunismo e pola revolución mundial. Defendemos un nacionalismo internacionalista. No que os traballadores de tódolos países estén unidos e se apoien solidariamente, pero que non equenzan que a revolución comeza nas súas casas. Nos seus barrios. Nas súa cidades. Nas súas provincias. Nos seus países.

Comandante Guevara
-Administrador de Revolta Rockeira- Ler máis...

Acerca dao Estatuto Catalán

Camaradas, actualmente na nosa sociedade estase a dar un debate que dende Revolta Rockeira tildamos como importantisimo: a reforma do estatuto de autonomía de Catalunya. Dende esta web, queremos expresar o noso total apoio ao povo catalán na súa loita por conseguir o dereito de atodeterminación, de dirixir o seu destino e o seu papel no seo do Estado Español. Opoñémonos radicalmente á postura dos partido españois que pretenden decidir polo povo catalán como deberá de ser o seu estatuto. Creemos firmemente que cada povo ten que construír o marco político e xurídico que mellor sexa para a súa realidad social. Por iso defendemos a lexitimidade do parlamento catalán, e opinamos que é este o único que debe de afrontar esta reforma estatutaria.

Esperamos as vosas opinións.


VIVA CATALUNYA Ler máis...

Comeza a actividade en Revolta Rockeira

Saúdos camaradas,
despois de meses de inactividade, revolta rockeira reiniciará as súa actividades a partir do venres 16 de decembro.
Critica política, música e opinión libre e democrática encherán as páxinas desta web. Para iso solcitamos a colaboración de todos vós. Pedímosvos que comentedes, que debatades e que opinedes para que esta páxina sexa cada vez máis rica e mellor. Ler máis...