Malos tempos para a liberdade de expresión

Nos anos 80, un dos principais dirixentes da banda armada Euskadi ta Aksatasuna (ETA) era Iñaki de Juana Chaos. Pola súa implicación no atentado do Hipercor de Barcelona de 1987, foi apresado e condeado a 18 anos de cárcere. É habitual que os reos do Estado Español poidan beneficiarse de reduccións de condea por bo comportamento, ou por realizar labores dentro do cárcere, pero os implicados en delitos de terrorismo perden este dereito. Polo tanto, Iñaki de Juana cumpliu integramente a súa condena. Parece lóxico, que despois disto saíse ceibe. Pero só o parece. A Audiencia Nacional acusou a de Juana de ameazas terroristas a raíz de dous artigos publicados no diario vasco Gara: "Gallizo" e "El Escudo". O resultado: outra condea, esta vez de doce anos. Dende entón, Iñaki leva xa dúas folgas de fame en protesta por esta imputación, alegando que tan só exerceu o dereito democrático a expresarse libremente.

O caso de De Juana é un máis de como se emprega o estado de dereito en beneficio do poder. A igualdade ante a lei é un dereito interesado, non real. Nesta sociedade, existen unha serie de pensamentos tabúes contra os que se pode loitar con tódolos medios posíbeis. O nacionalismo é un deles, especialmente se é de esquerdas. Neste senso, gustaríame destacar o linchamento que sufriu o futbolista do FC Barcelona, Oleguer Presas. Hai tan só uns días, publicou un artigo falando do mesmo que eu hoxe no "Setmanari de Comunicació Directa" e no periódico vasco, Berria. Ao pouco, Kelme retiroulle o patrocinio, o propio Barça sinalou a súa disconformidade con que os seus xogadores falasen de política, e os medios españois máis consevadores abalanzáronse sobre el coma voitres sobre un anaco de carne morta

Malos tempos para a liberdade de expresión


Xan Guindán


Traducción ao galego do artigo de Oleguer Presas

«A BOA FE


De Juana Chaos leva 20 anos no cárcere. Debido ás vantaxes legais vixentes impúxoselle unha pena de 18 anos polos crimes cometidos. Aínda así, hoxe en día segue no cárcere en prisión preventiva á espera de resolución por dous artigos de opinión escritos no xornal Gara. En opinión da Audiencia Nacional Española De Juana Chaos cometeu un delito de ameaza terrorista e impúxolle unha condena de 12 anos e medio. Como protesta a esta decisión De Juana Chaos decidiu iniciar unha folga de fame até o final. Nun estado de dereito- dínnolo unha e outra vez, como se fose unha campaña de publicidade- non hai pena de morte nin cadea perpetua. E a eutanasia tamén esta prohibida. Vou actuar de boa fe e vou pensar que o estado de dereito cre nas súas leis; é dicir que non aplica a cadea perpetua nin a pena de morte. De boa fe, outra vez, vou pensar que o contido dos artigos de De Juana Chaos son totalmente explícitos, tanto como para ter a unha persoa no cárcere.



Querería crer que no estado de dereito hai liberdade de expresión, e neste xuízo, no de Egunkaria ou no xuízo do actor Pepe Rubianes -por comentar algúns- hai suficientes indicios para procesar aos responsábeis. Se non é así, todos clamarían ao ceo, porque é iso o que fan cando se incumpre a liberdade de expresión fóra de aquí, en Marrocos, Cuba e Turquía, entre outros. A boa fe faime pensar que o estado de dereito é o mesmo para todos; que as presións políticas non teñen ningunha repercusión, e que o poder xudicial é realmente independente; que as declaracións do ministro de Xustiza López Aguilar non repercutiron na decisión xudicial -quen dixo que o Goberno faría outras tantas imputacións para que De Juana non quedase en liberdade-.



“As palabras non, as accións”, dixo alguén. David Fernández fálanos destes feitos no libro”Croniques del 6 i altres do claveguera policial”: A Enrique Rodríguez Galindo, xeneral da Garda Civil e responsábel das barbaridades cometidas no cuartel de Intxaurrondo, condenaron a 75 anos de cárcere polo asasinato de Lasa e Zabala, dos cales cumpriu a cuarta parte argumentando problemas de saúde. Tamén foi excarcerado Julen Elgorriaga por razóns de saúde; foi condenado a 80 anos por aqueles feitos e só cumpriu o 3%. Logo de enganar a toda España, De la Rosa está en casa xa que lle impuxeron o terceiro grado co argumento de que sofre depresión. Rafael Vera, en cambio, só cumpriu 8 meses no cárcere polo secuestro de Segundo Marey -asumido polo GAL- aínda que lle impuxeron unha pena de 10 anos. David fala sobre todo da tortura e dos torturadores; tamén fala do xeito en que se utiliza a información para criminalizar moitas disidencias; xunto con isto di que a mesma Policía pon as probas que necesita para criminalizar aos que lle interesa politicamente, e que ao Goberno non quere oír nin unha palabra do observador especial da NBE contra a tortura ou dos informes das organizacións -entre outros o realizado por Amnesty International-. E isto fano porque todos estes din que se tortura no estado de dereito.



Por se non abonda, agora o mesmo Fiscal de Audiencia Nacional pediu arquivar o caso Egunkaria; segundo din, non hai probas. No 2004 en cambio o Tribunal de Estrasburgo castigou a España “por non investigar” as torturas denunciadas por 17 independentistas cataláns 12 anos antes: nas Olimpíadas tíñanse que acalar as voces que non estaban de acordo. En cambio en novembro do 2005 Zapatero absolveu aos 4 policías locais de Vigo inhabilitados e castigados por darlle unha malleira, insultar e aldraxar ao senegalés Mamado Kane –a condena era de 2 e 4 anos de cárcere-. Aznar fixo o mesmo no ano 2000: absolveu a 14 policías castigados por torturar; a un deles xa o castigaron anteriormente. E...



En fin, que teño unha lea enorme na cabeza. Este estado de dereito ten moitas zonas escuras, e fanme dubidar. Todo isto cheira a hipocresía. E con toda esta hipocresía remata a boa fe.



Oleguer Presas

Futbolista do FC Barcelona»

4 comentarios:

12 de fevereiro de 2007 19:44 Pobreloko disse...

http://www.20minutos.es/noticia/201118/0/salva/levante/oleguer/

Unha resposta do pichichi do...2001? Salva Ballesta, interesante canto menos.

12 de fevereiro de 2007 22:26 Xan Guindán disse...

Pois a verdade é que si. Aquí vemos caste de democracia que defenden os españolistas

13 de fevereiro de 2007 16:12 Ninsesabe disse...

¡Benvido a bordo! Espero que teñas moitas balas na recámara despois de tanto tempo sen disparar...Estaremos pendentes.
Xa vexo que morreu o Calcetín ¿Morto de todo ou pode aínda resucitar? Pola miña parte, non sei se sabes que tamén perdo o tempo noutro blog en blogaliza...

14 de fevereiro de 2007 02:41 Xan Guindán disse...

Pois a ver se Desta Vai (como dicían na campaña das autonómicas do 2005). A verdade é que estouno tomando con ganas, a ver se se me nota algo estes 4 meses de estudar xornalismo e fago algo con xeito.

O calcetín en principio morreu, pero bueno, se algún día me vexo con ganas podo resucitalo, pero en principio non. Primeiro mellor centrarse nun e darlle continuidade, ademáis, intentarei que os CAF de xornalismo fagamos un blog e haberá que adicarlle algo de tempo a ese tamén.

Saúde

Postar um comentário