No fío da navalla

Nunha das súas xeniais entrevistas, Jesús Quintero preguntoulle a Jiménez Losantos se cría que había algún risco dun regreso do ultraconservadurismo. Segundo este opinion maker, mentres a dereita mantivese a idea de “España” non había nada que temer. Pero vendo como se está a desenvolve-la vida política nos últimos tempos, eu diría que non é que haxa un perigo de retorno da extrema dereita, é máis grave, xa está aquí.

Os feitos falan por si solos. ¿Foi propia dunha democracia a reacción que houbo ante a concesión da prisión atenuada a De Juana?¿E o que fixeron algúns despois de que o fiscal lle retirase a acusación a Otegi? ¿Un partido democrático proporía un boicot a unha empresa de comunicación coma o Grupo Prisa? Eu penso que non.

No Estado Español, hai un partido que fachendea de defende-lo estado de dereito, pero que á súa vez non ten problema en saír á rúa cando algunha decisión xudicial non lle gusta. Tamén é un partido que defende a liberdade de expresión por riba todo, pero iso si, cando algún medio os critica non dubidan en iniciar un boicot, ou si é un medio vasco, mesmo pechalo. Á súa vez, ese partido ten unha serie de organizacións satélites que en teoría son de vítimas do terrorismo, pero que na práctica fan de censoras de todo aquilo que non responde aos seus intereses (lembremos o caso do grupo vasco Soziedad Alkohólika).

Penso que todos sabemos de quen estou a falar. E penso que todos sabemos que hai xa bastante tempo que se balancean perigosamente o fío da navalla, alí onde a dereita e a extrema dereita se separan

3 comentarios:

26 de março de 2007 às 00:36 Un q anda perdido pola clase disse...

Sen dubida a estrema dereita voltou a amosar os fuciños, so ai q ver a concentracion do outro dia na castellana preñada de bandeiras franquistas e da falnge. O do boicot a PRISA xa e dunha gravedade extrema, a istes e os Kacinski facialles falla un cursiño sobre o q e a democracia e o q e Europa

26 de março de 2007 às 09:44 a randeeira disse...

A extrema dereita sempre estivo aí, agochada no PP, e dende a cúpula intentaron usala como arma contra ZP pero estáselles indo das mans e non me estrañaría que acabase devorando a todo o PP

27 de março de 2007 às 19:14 Ninsesabe disse...

Randeeira sabe o que di, por algo neste país a extrema dereita "oficial" non ten representación parlamentaria.
Pero non creo que acaben devorando ó PP. Se perden as eleccións todo se lles virá abaixo, e a cúpula actual desaparecerá do mapa.
Así que xa sabemos o que temos que facer: non quedar na casa.

Postar um comentário