Eu quero que perda España

Pois si, fago parte desa minoría separatista e radical que nos alegramos de que o outro día España pinchara diante de Suíza no seu primeiro partido do Mundial. Pero por moi contento que estea teño que ter coidado coas manifestacións públicas contrarias a "La Roja". Ben sei que mentres dure o campeanoato aqueles que non sexamos adictos á selección española converterémonos nunha especie de parias sociais que deben ser desprezados ou mesmo insultados. Esaxero? Non o creo. Sempre conto unha anécdota que me pasou nun bar de Narón no pasado Mundial, concretamente durante o partido contra Francia que deixou a España fóra da competición. Cando o equipo galo marcou o seu segundo gol, nunha mostra de efusividade, berrei "gol!" e choquei a man cun compañeiro. Xa imaxinaredes a reacción que houbo no local: xente erguéndose mirando cara nós e varios insultos. Desde ese día vexo os partidos de "La Roja" na miña casa.

Diredes que esta animadversión cara a selección española pode ser froito dunha sobredose de esquerdismo ou simplemente por provocar. Nada máis lonxe da realidade. Eventos deportivos como Mundial de fútbol cumpren unha función ideolóxica moi clara á hora de manter o statu quo dentro do Estado. Apélase a nós para que apoiemos a un combinado "nacional" aínda que facelo sexa negar a nosa identidade colectiva como país. Para gañar adeptos a esta causa, empréganse todos os altofalantes posíbeis: medios de comunicación, anuncios publicitarios, merchadising, iconografía española...O único que importa é amosar un apoio social maioritario a "La Roja" e excluír a aqueles que non entramos na roda do muíño.

Porque non quero negar a miña identidade como galego, porque acredito na oficialidade da miña selección, porque non comulgo coa idea unitaria do Estado e porque non soporto o chauvinismo español ao que feden os medios de comunicación...EU QUERO QUE PERDA ESPAÑA!

4 comentarios:

19 de junho de 2010 às 01:10 Pobretolo disse...

Tamén lembro eu esa anécdota, si…no Estrela, se non me equivoco…

19 de junho de 2010 às 01:18 Laura disse...

Non somos tan poucos. Na celebración da victoria da eurocopa do 2008 qeimamos unha bandeira qe manchaba o ambiente monfortino e en pouco tempo xa había case tanta xente arredor do lume coma dentro da fonte :)

19 de junho de 2010 às 01:44 Duarte Romero Varela disse...

@Pobreloko: si, foi no Estrela. Pode ser que fose unha cea coa xente de clase?

@Laura: Si que lle botáchedes narices! En Narón todo o mundo andaba pola rúa coas bandeiras e as camisolas. Era terríbel, xD.

20 de junho de 2010 às 01:04 Pobretolo disse...

Non…coido que quedáramos os sospeitosos habituais…se nos fixera tarde, e quedáramos cear…

Postar um comentário