Coido que na historia desta bitácora, que é longa no tempo aínda que non na produción, falouse de moi poucos filmes. Desta volta vou facer unha expceción, xa que Celda 211 impresionoume moi gratamente. A última película de Daniel Monzón cóntanos a historia dun motín nunha cárcere española no que un funcionario de prisións (Alberto Amman) que non é coñecido polos presos queda encerrado nun dos módulos sublevados. Para sobrevivir nese ambiente ten que facerse pasar por un preso máis chegando a estabelecer unha particular relación de camaradería con Malamadre (Luís Tosar), xefe dos amotinados.
Cando vin por primeira vez o trailer xa tiven a impresión de que ía ser un filme entretido, pero non esperaba máis. Contaba con que se quedase na típica película de acción que nin cuestiona nada, nin convida a pensar. Afortunadamente, trabuqueime. Celda 211 racha completamente coas barreiras tan estendidas hoxe en día de "bos moi bos" e "malos moi malos". É un ataque directo á moralidade e á ética do espectador, amosando situacións extremas nas que as personaxes sen moven no limbo do considerado correcto e da barbarie. O filme aborda temas tan periagudos como o abuso de poder, a brutalidade policial, a tortura nas cadeas, o mundo da droga, a lealdade entre os presos ou mesmo a violencia en Euskal Herria. Precisamente, un dos grandes acertos que ten Celda 211 e ser quen de enfrontersa a todos estes aspectos dun xeito nada maniqueo e provocando que o espectador abandone a sala pensando nos conflitos que acaba de ver. Ou polo menos esa é a sensación que me deixou a min.
Outro dos puntos fortes desta película é o ritmo trepidante que ten. Son feitos moi concentrados que transcorren a unha velocidade enorme pero sen limitar a profundidade coa que trata os temas antes citados. Asemade, cómpre destacar a brillante actuación de Luís Tosar, que sorpende encarnando un papel tan complicado como o de Malamadre. Ollo ao uso da voz.
En resumo, un filme moi recomendábel que non deixa indeferente. Está chamado a ser un éxito en taquilla, o que demostra que se pode facer cine que convide á reflexión e á vez ter éxito entre o público.
Play Free online Online casino games, Finest Demonstration Game In the 2024
-
Posts Find the Matter That you want In order to Choice Just what Video game
Do you wish to Play Most? Gambino Ports Sports Wagers Is it Legal To play
Onlin...
Há uma hora
4 comentarios:
e non mencionas a Suso Lista, un dos galágticos da blogosfera galega metido a extra?
enton merece os seis euros?
Pois non o sabía. O certo é que aparecen moitos galegos. Sorpréndeme o ben que o fai Luís Zahera, que fai de yonqui terrorífico, chegando a dar medo por momentos.
Se che tivese que recomendar unha película para pagar seis euros sen dúbida sería esta.
Bueno, enton pode que xa teña algo que facer este sabado...
A Zahera o vin o outro dia en Cervantes, dando unha volta, pero marquetineando, porque levaba o pack completo, camiseta e paraugas da película...
E si, o Percebeiro do Roncudo sae bastante, polo que teño entendido.
Téñolle moitas ganas a esta peli! A ver cando podo ir ao cinema!
Postar um comentário