Banda Bassotti

Había xa moito tempo que non puña unha entrada musical, polo que creo que xa vai sendo hora. O grupo de que vou falar é Banda Bassotti, uns italianos que fan unha mestura de Ska, Punk e Oi! e que teñen unhas letras moi politizadas.



Un pouco de historia

Banda Bassotti nace en 1981, da man dun grupo de rapaces que, nuns talleres de Roma, inician actividades de solidariedade coa loita dos pobos nicaraguense, salvadoreño, palestino e vasco.

En 1989 pásanse á música, tocando en espazos ocupados e en manifestacións.

En 1992, publican o seu primerio disco, Balla e Difendi (Baila e Defende), xunto con outros grupos esquerdistas de Roma. Neste mesmo ano, tamén sae á rúa o seu primeiro LP en solitario: Figli della Stessa Rabbia (Fillos da mesma Rabia).

Foi a raíz deste disco cando comezou a súa proxección internacional, chegando a obter unha certa fama en España e moita máis en Euskal Herria, onde tocaron xunto a grupos da esquerda independentista, principalmente con Negu Gorriak, cós que chegaron a facer varias xiras xuntos, en Euskadi, Italia e El Salvador.

Discografía - Banda Bassotti
Figli della Stessa Rabbia (1992 Gridalo Forte Records - Álbum)
Bella Ciao (1994 Gridalo Forte Records - EP)
Avanzo de Cantiere (1995 Gridalo Forte Records - Álbum)
Un Altro Giorno d'Amore (2001 Gridalo Forte Records - Doble Live)
L'Altra Faccia dell'Impero (2002 Gridalo Forte Records - Álbum)
Así Es Mi Vida (2003 Gridalo Forte Records - Álbum)
Amore e Odio (2005 Gridalo Forte Records - Álbum)
Vecchi Cani Bastardi (2006 Gridalo Forte Records - Álbum)

16 comentarios:

1 de maio de 2007 às 01:20 amarante disse...

Son un inculto musicalmente falando, teño que admitilo!!

De todos os xeitos no meu círculo de amizades sempre foi referente banda bassotti!

Coas súas letras fundamos, aló polo ano 2001, un colectivo antiglobalización chamado Terra de ninguén. Foi o meu primeiro contacto serio coa política. Quizais por iso lle teña cariño!!

1 de maio de 2007 às 12:08 Xan Guindán disse...

Se me dera un € cada vez que escoitei a frase "Son un inculto musicalmente falando" dende que cheguei a Compostela, agora mesmo podería mercarme un CD. xD. Anímoche a que escoites a radio do blogue. Hai boa música.

1 de maio de 2007 às 12:20 Grissom disse...

a música nn está mal, pero deberías poñer algo de metallica ou nirvana (se nn son demasiado campechanos, claro)
se me deran un euro cada vez q me ofrecen un pin...

1 de maio de 2007 às 15:20 Xan Guindán disse...

Ahá, paréceme ben. A min Metallica non me gusta moito, pero hai dúas cancións que realmente merecen a pena: Nothing Else Matters e Enter Sandman. De Nirvana a ver si poño a mítica de Smell Like a Teen Spirit.

Menos mal que non teño que darche un € cada vez que che ofrezo un pin, xD

1 de maio de 2007 às 23:45 Grissom disse...

e sé fiel a red hot...sempre!
bueno, eso sería a primeira cousa q farías q en vez de restar puntos sumaríaos...sería raro e todo..

2 de maio de 2007 às 19:04 Ping_Maister disse...

Visto que é imposíbel comentar no teu fotolog (é para non crer o que pasa) pois terei que pasar polo teu blogue. Isto do ska italiano non creo que sexa para min, pero se llo comentas a Isaac seguro que acepta. Non estou acostumado a entrar no coche e escoitar Skalariak como fai él. Hai que ser fieis a Gotthard que parece que sacan novo disco e este promete de verdade.
Perdón por ser un dos instigadores do enfrontamento co "españolito", que parece que a cousa vai demasiado lonxe. Se hai hostias non dudes en chamar.xDDDD
Dew

5 de maio de 2007 às 20:28 Anonymous disse...

Coido que non sabes quen son, mellor así. Dende que descubrín o teu blogue, entreteñome moito lendo o que escibes, parecesme moi cabal e temos moitas ideas en común aínda que ti non o saibas. Espero que sigas pensando así sempre, porque con xente coma ti o mundo e Galicia iría moito mellor!!! non cambies!
E gañarías un € máis posto que eu son tamén unha inculta musicalmete falando jajaja. Pero, prefiro Gothard!

5 de maio de 2007 às 22:17 Xan Guindán disse...

Vaia, síntome alagado. Alédome moito de que che guste o blogue e de que te entreteñas lendo o que escribo. O que pasa é que agora teño curiosidade por saber quen es. Aínda que si prefires seguir permanecendo no anonimato, todo é respetábel.xD.

GALIZA CEIBE E SOCIALISTA

6 de maio de 2007 às 00:13 Anonymous disse...

pode que algún día...

6 de maio de 2007 às 01:50 Xan Guindán disse...

Ben, non perderei a esperanza daquela.

9 de maio de 2007 às 13:33 amarante disse...

que pouco actualizamos...menor saír e máis actualizar...

15 de maio de 2007 às 23:01 Veraeikon disse...

Bueno, este blogue coas súas "esquerdalladas" (como diría Bastos) e as súas bandas Bassotti quedará sen actualizar por un tpo,nn Du?Joo, sintoo un monton,ne!
Pero pronto estarás para dar jerra e plasmar as tuas opinions como tan ben sabes ti!
Mil bicos da tua compi a enxebre e moito ánimo =:)
P.D. Hoxe expuxemos en publisidá; tiña unha pepsi para ti,joo, para q non beberas coca-cola por un dia,jejeje.

16 de maio de 2007 às 10:37 Zape (entre outras muitas cousas) disse...

Veña, moito ánimo e a recuperar-se axiña, que se non a UPG vai perder forzas no noso comité... Non ho, é coña, abónda-lles cun soio comisário político!;)
Agora en sério: millóra-te que (deussss, non acredito que dicir isto) se te bota de menos a ti e as tuas férreas defensas das tuas opinións políticas. Non en ván es, mália as nosas diferenzas ideolóxicas coxunturais, unha das persoas politicamente máis lúcidas que teño coñecido.
Moita saude e pátria!

16 de maio de 2007 às 21:29 Grissom disse...

artista!jaja..non, hoxe nn veño putear. Xa nos contou coki..menuda putada! ti mellórate, e moita paciencia..
un biquiño
patri, eva e finta
tan aki o resto de compañeiras (Iria, maria, tania, miriam e mary..)q salen oxe akí con nós e mándanche outro. Tomarems 1copa a túa salú no a vante (ou dúas), jeje
PD: e aora pa votar?? jeje
bicos...e unha patada!

23 de maio de 2007 às 15:52 noemi disse...

ale, outro € máis, aínda q eu xa che tiña falado da miña ignorancia en temas d música e tal....

pois nada, unha vez máis, mellórate!

(q xa levo tmpo sen ir a bastos...ir andando por galeras xa non é o mesmo)

ale un bico

25 de junho de 2007 às 20:45 Grissom disse...

duarte!!
pekena alusión a vós no meu blog
nn mola tanto coma a de coki, pero de min saíu a idea..conste!
veña, bo vran

Postar um comentário