Aberto unha vez por semana

Aló polo mes de febreiro, decidín darlle un empurrón a esta bitácora e reavivala. A verdade é que conseguin uns resultados moi bos: bastantes visitas, algúns comentarios e unha brazada de xente que lía as miñas barrenadas. Con todo, pouco a pouco fun deixando esmorecer o bloge por mor da preguiza, os brazos rotos e os exames. Pero agora creo que é un bo momento para continuar con este proxecto chamado Revolta Rockeira, que malia contar con máis de dous anos de historia, non deu arrincado do todo. Como sei que non serviría de nada publicar oito entradas nunha semana e logo volvelo a abandonar, prefiro fixarme uns obxectivos realistas: un artigo por semana como mínimo. O esforzo non é moito e os resultados poden ser moi bos, así que espero que desta vola, dunha vez por todas, decida darlle o empurrón definitivo a Revolta Rockeira.


3 comentarios:

18 de julho de 2007 18:31 amarante disse...

iso agardo socio-liberal!!

18 de julho de 2007 18:47 Xan Guindán disse...

Tamén o agardo eu estalinista. ;)

10 de agosto de 2007 01:22 Corkes disse...

chámame tikis-mikis, pero o de deixar de escribir por ter os brazos rotos paréceme unha mariconada.

Postar um comentário