Xa pasaron 11 días dende que se celebrou a X Asemblea Nacional de Galiza Nova. Malia que non asistín (aínda non milito), máis ou menos sei por onde foron os tiros
Para quen aínda non o saiba, desta volta presentáronse dúas listas. Unha delas formada por Isca! e por Esquerda Nacionalista Mocidade e outra pola Unión da Mocidade Galega (UMG). O resultado foi até certo punto esperado: contundente victoria da U cun 60% dos votos. Pero quizais foron máis esperados os enfrontamentos e divisións que tan ben caracterizan ao nacionalismo galego, dos cales xa empezo a estar farto. Semella que non nos damos conta de que con estas actitudes, tan só perde o nacionalismo e a esquerda. Se nos deixasemos de parvadas e traballáramos a prol do que creemos deixando de lado as nosas diferenzas, o BNG e o nacionalismo non estaría como está. Con todo, supoño que os meus amigos de Isca! e de EN, dirán que son os upegallos, que non deixan traballar a todo aquilo que non sexa da súa corda. Pero eu sempre digo, que unha organización, un movemento, formámolo todos e que cada militante, cada simpatizante, ten a súa parte de responsabilidade.
En fin, cousas de XAN
En fin, cousas de XAN
5 comentarios:
Estas apreciacións levabaas agardando hai moito tempo, porque, quizais por non ser militante de ningún partido ou colectivo, vendo desde fóra o enfrontamento, non cabe dúbida de que a os continuos enfrontamentos entre distintas tendencias, que desde unha perspectiva práctica non difiren moito, é moi perxudicial para o nacionalismo galego.
Penso que xa é hora de que exista, senón unión pois non é xa posíbel, respecto e colaboración. Senón, cal é a motivación destas disputas?ascender e facerse a tendencia política maioritaria do nacionalismo e chegar ao poder? por desgracia creo que aínda non estamos nese momento.
Unha aperta Xan, vémonos
Como xa che dixen persoalmente, coido que os "enfrontamentos" internos debemos tomalos como parte da cultura democrática do nacionalismo (que estamos a perder porque a algúns vailles o tema dos "delegados"). E son enfrontamentos en tanto que unha parte quere convertelos en iso, enfrontamentos. Creo que estamos no lexítimo dereito de discrepar internamente sobre a deriva que está a levar o nacionalismo e a esquerda en GN e no BNG. O único que fixemos son propostas en positivo para poder achegarnos á mocidade. Que algúns o queiran trasladar como "enfrontamento" ala eles. Eu serei sempre fiel ao proxecto. Que non quere dicir que "cale e vote". Debemos ser críticos coa organización. Porque lembremos que só coa autocrítica se avanza. Porque do contrario caeremos na autocomplacencia. E non avanzaremos.
Viva a república galega socialista!
Eu creo que tamén che dixen persoalmente que non hai que confundi-lo debate interno cos enfrontamentos, nin a discrepancia coa crispación. Non creo que estar á constante gresca sexa unha atitude do máis democrática (nin práctica).
GALIZA CEIBE E SOCIALISTA
Neno, dende fóra ve-se moi doado...
Pero coa UPG e os seus alevíns...digamos que é difícil tratar.
Saude e pátria.
Eu o que non vexo é vontade de chegar a ningún punto de encontro coa U, e arránxase botándolle-la culpa a eles. Pero se tanto uns coma outros vos deixasedes de caralladas e de fraccionalismos, moito mellor ía ir todo.
Postar um comentário