Banda Bassotti: conquistando la rossa primavera

Envolto en polémica e cun chisquiño de morbo. Así era como viamos o concerto de Banda Bassotti. Habería alguén da AVT? Cargaría a policía? Montaríana os de Nós-UP? Moitas eran as posibilidades que barallabamos de camiño ó parque Raíña Sofía de Ferrol. Previa parada no Arume a comer uns bocatas (inmesos e moi baratos), chegamos ao concerto cando xa estaba a rematar a actuación de Retobato. Unha mágoa porque polo que poidemos escoitar tería pagado a pena. Unha vez rematados os naroneses, saltan a escena La Sentina. Ao principio sonaban ben, pero remataban por facerse pesados. A iso das 23.30 ou 00.00, chega o momento que todos estabamos agardando: Banda Bassotti saltan ao escenario. O que máis me chamou a atención nun primeiro momento foi a cantidade de instrumentos que tocaban: dúas guitarras, un baixo, unha batería, dúas trompetas, un saxo, un trombón, unha voz solista, unha secundaria e case todos facían coros. Na primeira parte do concerto, interpretaron principalmente cancións do seu último disco, Vecchi Cani Bastardi, tales coma Coccodé, B.B. Boy, Revolution Rock ou Tartamundo Ska. Porén, ían intercalando grandes clásicos coma Avanzo de Cantiere, Beat Ska Oi!, Carabina 30-30, Stalingrado, Que Linda es Cuba, L´altra Faccia del Impero ou Mockda 993.


Por outra parte, cómpre sinalar que Banda Bassotti teñen un directo incríbel. Cós músicos movéndose por todo o escenario, cunha simpática coreografía por parte do cuarteto de metais e sacando a relucir constantemente algunha bandeira. Deste xeito, pasaron polo escenario unha estreleira, unha repúblicana, unha comunista e a do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol. Porén, nunca chove a gusto de todos, polo que a bandeira da República desatou a furia dalgúns sectores do público (os de Nós-UP, que viñan da homenaxe a Moncho Reboiras), chegando a cuspirlle e finalmente rachala. Pero non vos vaides crer, houbo un ambiente moi bo, sen ningún tipo de problema, nin entre os que asistiamos ao concerto, nin coa AVT. Malia todo, segundo informan na web de Primeira Linha, houbo un intento de montar unha mesa "informativa" na entrada, pero que finalmente foi repudiada polos asistentes.

Chegando ao final do concerto, sonaron os grandes clásicos Luna Rossa e Bella Ciao, rematando así unha fantástica noite de música ska. Lamentabelmente (coido que para evitar problemas) non houbo bises, e remataron baixando a saúdar ao público e retirándose aos camerinos. Non sen antes, contemplar unha fugaz aparición no escenario de Iolanda Díaz, concelleira de cultura.

A posteriori, entereime de que un grupo de fascistas se concentraran diante do hotel no que estaban hospedados Banda Bassotti, sendo necesario chamar á policía. Xa sabía eu que algo ía pasar.




5 comentarios:

15 de agosto de 2007 às 19:49 amarante disse...

fora fora fora a bandeira española!!

16 de agosto de 2007 às 23:24 ilduara disse...

non sabía eu o da concentración as portas do hotel...
nin o da mesa...

que rencor!!!


eso si, o concerto foi a hostia
=)

17 de agosto de 2007 às 23:17 Zape (entre outras muitas cousas) disse...

Que vergoña o de Nós-UP. Sexamos ou non españois, esa bandeira non deixa de ser unha bandeira de liberdade. Pra min sería como se sacasen unha ikurriña: respecto e aplauso.
Tamén pode ser que ti esteas a esaxerar, coñecendo a túa simpatía por certos seitores da esquerda independentista;)

Un saúdo

18 de agosto de 2007 às 00:46 Xan Guindán disse...

Esaxerar?? Recibín salpicaduras de cuspe e vin diante das miñas narices como un pelado e un anano que era igual que Morris a rachaban. xD

23 de agosto de 2007 às 00:49 amarante disse...

e non sería o propio Morris?jajaja

Postar um comentário