Rock con nome propio

Noite de ROCK en FerROLL

Este venres, despois do pregón de Carlos Blanco, Rosendo e Riff Raff deron o pistoletazo de saída ás festas da cidade. Eran as 23.30 e saían ao escenario os coruñeses reivindicándose coma os "fillos bastardos non recoñecidos dos mesmísimos AC/DC". Durante os seguintes 45 min, sonaron na Praza de Armas temazos coma Hell Bells, Thunderstruck, Back in Black ou Highway to Hell, facéndonos esquencer por momentos, que os de Brian Jhonson levan anos sen dar un concerto.


Axiña chegou o momento que todos agardabamos e Rosendo subiu ao escenario acompañado de Rafa o baixista e Mariano o batería. Comezaron con Agradecido, un clásico que foi unha delicia para todos os que alí estabamos, chegando a haber momentos no que a voz de Rosendo era desprazada polos coros do público. Por se fora pouco, o tema que lle seguiu non foi outro que El asa del cubo, mantendo así o estado de extase que comezara con Agradecido. Continuou un con
certo no que se combinaron á perfección cancións do novo disco como Harto, A donde va el finado, Date por disimulao ou Quien le mece la hamaca, con temas xa consagrados da talla de Flojos de Pantalón, Navegando, Loco por Incordiar, La Fauna ou Masculino Singular. Mesmo houbo tempo para facerlle un guiño á cidade e tocar Listos para la Reconversión. Tras case dúas horas de concerto, Rosendo e os seus retíranse do escenario por primeira vez, pero terán que volver a saír porque os que estabamos no público queriamos máis. Era o momento de tocar dúas das súas cancións máis significativas, Maneras de Vivir (da época Leño) e Pan de Higo. Finalmente, volve a saír e toca o tema que abre o seu último disco: La Triste Cagalera.

Despois de ver un espectáculo coma este, cada vez estou máis convencido de que o rock´n roll ten nome propio e chámase Rosendo. Máis de 30 anos ao pé de canón, manténdose fidel a un estilo moi persoal, mostrando unha profesionalidade exemplar en cada concerto e representando á perfección o espírito do verdadeiro rock. Unha actuación de Rosendo non deixa a un indeferente, malia sempre crer que lle quedou algunha canción no tinteiro. No meu caso, estou desexando velo tocar Del Pulmón, pero xa van tres bolos nos que me quedo coas ganas. En fin, a Rosendo todo se lle perdoa.

Los Tigres del Cañotas: a brutalidade ven de Fene

Para moitos dos que acababamos de ver a Rosendo, a festa continuaba no CBC. Os feneses Los Tigres del Cañotas estaban rematando unha actuación que xa comezara ás 11 da noite. Malia todo, aproveitamos para escoitar un bó puñado de cancións entre as que cómpre destacar El Macarra, Sexo en Perlío, Relaciones ou Dinio.

Para quen non os coñeza, os Tigres son un grupo de Fene que fan un rock tranquilo cunhas letras frescas, desenfadadas e con moito cachondeo. Un concerto deles son risas aseguradas, polo que aconsello a todo aquel que poida que os vaia ver.

A AVT sigue ás andadas

Após de tentar que o Concello de Santiago vetase o festival Linguas Vivas no que tocaban Fermín Mugurza e Banda Bassotti, a Inquisición do século XXI prepara unha campaña para esixirlle á Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol que prohiba o concerto de Banda Bassotti do vindeiro día 11 de agosto, por "teren tocado có grupo proetarra Negu Gorriak" e por facer "apoloxía do terrorismo".

A verdade non é unha noticia que extrañe, xa que a AVT xa nos demostrou até que extremos está disposta a chegar cando foi o caso do linchamento e censura de Soziedad Alkólika. Neste tipo de actitudes é onde se ve o Estado que queren crear organizacións filofascistas coma a AVT ou Foro de Ermua. Un mundo libre...ou non?




Texto: Xan Guindán
Fotos: Pobreloko

4 comentarios:

5 de agosto de 2007 às 20:26 Pobreloko disse...

Vaia...supoño que fixoas chegar ilduara...jejejeje!
gran concerto, si señor...
para moitos a festa continuaba no Code, con Don Rosendo Mercado (e cantou, si) e no run rum cos chicos de Riff-Raff (por certo, teño a baqueta de Anxo)

8 de agosto de 2007 às 13:28 ilduara disse...

oooooooooooooh dudu!!
atopeite dende o google andando á procura de información do concerto.
finalmente:
sabado 11, no raiña sofia as 22.00
e o importante, entrada de balde.

10 de agosto de 2007 às 22:04 Tiago Vermelho disse...

Boas!

Espero que o concerto de Ferrol dure máis que o de Compostela, que quedou curto.

Como se dixo no concerto de Fermín Muguruza:

JO-DE-TE, AVT!!!

11 de agosto de 2007 às 01:33 Xan Guindán disse...

Malo será. Aquí o concerto é só deles, así que terán máis tempo.

Como se cantaba nos concertos de S.A.

AVT, REVIENTA Y JODETE

ou...

AVT, FASCISTAS, VÓS SODE-LOS TERRORISTAS

Postar um comentário