Sindicalistas e traidores


Hoxe tiña varias cousas sobre as que escribir: a proposta de ERC para o referendum da autodeterminación, as eleccións no Quebec ou a patada que lle diron ao impresentábel do Foro de Ermua. Pero resulta, que indo aos arquivos de principios de mes de Vieiros, vin unha noticia que me horrorizou de tal xeito, que non fun quen de evitar escribir unhas liñas para expresa-la miña indignación. O titular di o seguinte: BRASIL QUERE PROHIBI-LA FOLGA EN SECTORES PÚBLICOS

Para unha persoa de esquerdas coma min, ver a Lula da Silva facer este tipo de cousas non fai senón decepcionarme e aumenta-lo meu escepticismo fronte a esa caste que dirixe os movementos esquerdistas. É triste ver a unha persoa que ven da loita sindical, que no seu momento foi a esperanza para América Latina, traizoar deste xeito todo aquilo polo que loitou, chegando ao extremo de propó-la prohibición dun dereito tan básico dos traballadores como é a folga... É sabido que o poder corrompe, pero non por iso debemos de perde-la esperanza de que algún día, esto cambie.

2 comentarios:

29 de março de 2007 às 17:48 Ninsesabe disse...

A min tamén me parecían tonterías de vellos cando escoitaba aquelo de que "unha cousa é predicar e outra dar trigo". Pero os vellos, moitas veces, saben ben o que din...
Lamentablemente.

29 de março de 2007 às 21:34 foucelhas disse...

pareceme unha mostra de hipocresía inmensa, que tamén consegue facerme dubidar de calquera caste de gobernante. Como pode ser que existan dirixentes consecuentes coa "súa ideoloxía"??
Poderiamos pensar que o motivo non é outro que elaborar unha lei popular para manter o poder...pero...que hai máis impopular que derogar un dereito imprescindíbel nunha sociedade livre?? non o entendo!

Postar um comentário