Os CAF de Compostelá organizan un magosto-concerto

A organización estudantil Comités Abertos de Facultades (CAF), organiza un magosto-concerto o vindeiro día xoves 30 de novembro. O acto, que terá lugar na praza Rodríguez Cadarso (detrás da Alamenda), iniciarase ás 20:00 por medio de xogos populares. Xa nas 22:00 comezará un concerto no que actuarán O Leio (versións de cancións protesta galego-portuguesas), Som do Galpom (funki-reggae-rap) e Leo e Arremecaghoná (cantor punk). As castañas serán de balde, e a bebida será barata. Convídovos a todos a que veñades.

3 comentarios:

13 de dezembro de 2006 às 19:48 Ninsesabe disse...

Pero que seriedade é esta, que morre Pinochet e nin siquera lle escribes o epitafio...Támosche bos.
¿E que foi das refelxións do calcetín? Teño o enlace dende o meu blog, pero non furrula...
Nada, que non hai novos coma os de antes nin vellos coma os de agora...
Dijo eu.

17 de dezembro de 2006 às 15:55 Xan Guindán disse...

Tes toda a razón, nin un epitafio para Pinochet, nin unha sola referencia á Asemblea Nacional do BNG nen nada. A ver se me poño a actualizar isto con máis frecuencia a partires do nadal. Respecto ao outro blog hai tempo que xa non funciona. Xa teño bastante abandonado este como para seguir co outro.

Un saudo

21 de dezembro de 2006 às 13:34 Ninsesabe disse...

Esto marcha...polo menos entras de ves en cando. Seguiremos ó "loro".
Veña Duarte, ánimo con eso.
E salú e libertá para o ano novo que xa anda rondando con non moi boas intencións.

Postar um comentário