Hai xa catro meses da manifestación contra o galego organizada por Galicia Bilingüe, pero aínda hoxe seguimos a ver as súas consecuencias. Tal e como informa Vieiros, a Delegación do Goberno español en Galiza comezou a mandar esta semana as primeiras sancións a algunhas das persoas que participaron nas mobilizacións contrarias á marcha antigalega. Entre elas atópanse varios activistas que fixeron parte da acción ridiculista organizada polo colectivo Sei o que nos figestes nos últimos 525 anos. Este grupo demostrou con feitos unha frase que lle escoitei unha vez a Ramom Lôpez-Suevos: pódese ser radical e sensato. No canto de lanzarse como animais sobre os de Galicia Bilingüe, a xente de Seioque deulle unha pensada ao asunto e apostou por unha acción efectiva, pacífica e con sentido do humor. Mentres algúns pretendían defender a lingua a botellazos, eles disfrazáronse cos tópicos españois e sumáronse á marcha de Galicia Bilingüe con máis forza que ninguén. Iso si, pronto atoparon cunha policía tremendamente violenta que mallou neles polo simple feito de empregar un humor intelixente. Segundo Vieiros, dúas das persoas que participaron nesta acción recibiron avisos de sanción nos que os acusaban de "orixinar graves desordes nas vías, espazos ou estabelecementos públicos, ou causar danos graves aos bens de uso público".
Una animación visual estroboscópica que deforma la realidad
-
[image: Strobe Cool: Una animación visual estroboscópica que deforma la
realidad]
* ¡NOTA! * *No apto para personas sensibles a las luces parpadeantes....
Há 20 horas
2 comentarios:
É sabido que hoxe, tal e como están as cousas, non tes que facer nada malo para acabar multado, basta con que algún grupo de xente faga o que non debe preto de ti, é ahí é donde aplicamos a teoría das "salpicaduras". Explícome: é moito máis fácil multar/sancionar a 20 rapaces, que a 10 e ter que ir escolléndoos de entre os que so fan unha protesta pacifico-intelixente. Ben se me entende non?
O fodido é que neste caso nin sequera estaban preto fisicamente. A estes rodeounos a policía ao principio e de aí non se moveron.
Eu creo que realmente lles molestaba máis que estes os vacilasen berrándolles "la policía es nuestra amiga" e cousas así, que que lles lanzasen unha botella.
Postar um comentário