¿Independencia ou federalismo?

É moi habitual, que entre os nacionalistas galegos xurda un debate en torno ao grado de autonomía política que se desexa para a nosa terra. Por un lado, os puramente independendentistas, propugnan unha total separación do Estado Español; mentres que os federalistas confórmanse cun certo grao de autonomía, que pode ser maior ou menos dependendo do partido ou organización. Neste último movemento, cabe destacar dúas grandes faccións: os federalistas ortodoxos e os confederalistas. Os primeiros, avogan pola pertenza a un gran estado e ter unha serie de competencias autónomas. Sempre no marco dunha constitución xeral. Mentres que os confederalistas, defenden unha unión de estados que só compartan política exterior e defensa. Sen constitución común.


Eu, considérome na banda dos confederalistas. Creo que non se debe de propugnar unha independencia total e absoluta, que podería ser o desastre para a nosa economía e ademáis nos inimistaría co Estado Español durante anos. Por iso creo que á hora de exercer o noso merecido dereito de autodeterminación, debemos de avogar por un Estado Confederal, no que non só estén españois, vascos, cataláns e galegos. Se non que tenda a incluir máis e máis estados, creando así unha república solidaria e unida.

1 comentarios:

25 de junho de 2006 às 05:29 Anonymous disse...

ola xan eu son comunista e rockeiro coma ti pero son independentista e ainda respetando os federalistas , non comparto en absoluto que pasariamos apuros economicos sen espanha , galiza e unha terra rica e de xente traballadora tributamos mais a espanha do q recebemos enrriba as empresas transnacionais nos explotan , NON SOMOS UN PAIS SUBVENCIONADO COMO MOITOS CREEN ¡¡ E PARECE MENTIRA QUE TI O DIGAS

Postar um comentário