Embaixadas ardento, conflictos diplomáticos, tiroteos, mortos...e todo por uns debuxos. ¿Non vos parece o colmo da irracionalidade, que en pleno século XXI, a tradición e o fanatismo relixioso estean tan arraigados nas nosas sociedades? En fin, aquí tendes os malditos debuxos, xulgade por vos mesmos.
Las tarjetas de embarque de Iberia en el móvil ya se actualizan en tiempo
real
-
[image: Dos capturas de imagen de un iPhone con las notificaciones y las
actualizaciones en las tarjetas]
Las nuevas notificaciones y tarjetas en acción
...
Há 15 horas
5 comentarios:
A verdade é que mete medo pensar como medran os fanatismos polo mundo adiante. Por unha banda os relixiosos, por outra banda os LePen, Haider e demais bechiños. Qué desfeita!!!
Nom se lhe pode botar a culpa (só) ao fanatismo religioso. Isto é mais umha mostra da prepotência europeia (e do catolicismo) sobre outras religiões, neste caso o islamismo. Nom te deixes manipular polos meios de comunicaçom, eu sou ateia e isto só foi um acto de miopia política, botar mais lenha ao lume. Há umhas décadas o inimigo era o comunismo (os soviéticos) e agora som os islamistas.
De todas as maneiras, podemos falar de fanatismo sem ir aos países islamistas. Basta com ver certas personagens "espanholas" catóticas, puag.
perdom, católicas.
É certo, que a situación dos países árabes estivo promovida por occidente durante longos anos de explotación imperialista, e tamén é verdade que a igrexa católica, na súa historia, foi unha das organizacións máis sanguinarias e reaccionaras que existiron. Pero por iso, non hai que deixar de criticar toda mostra de fanatismo relixioso, xa sexa islámico ou cristiá.
E me dirás, que ista é unha reacción normal contra os seus colonizadores. Pero eu creo que toda acción que se fundamente e que busque o seu apoio en conductas tan...irracionais coma propugna o fanatismo islámico, é condeábel, por moi xustificada que estea a súa rabia contra Europa e os EEUU.
eu estou con sabelovski
Postar um comentário