Democracia Real Xa! é unha destas iniciativas das que falaba onte. Un movemento espontáneo de cidadáns e cidadás froito do malestar co actual sistema económico e os seus xestores políticos. Redactaron un manifesto no que expoñen os motivos do seu cabreo e o vindeiro 15 de maio convocan mobilizacións en distintas cidades do estado para "amosar a raiba".
Levan unhas semanas movéndose polas redes sociais. Hoxe tiveron algún problemiña con Facebook relacionado coa desaparición dalgúns dos seus eventos. Parece que se vai solucionar, ou iso din. Pola miña parte, descubrinos en Twitter grazas aos hashtag #15M e #democraciarealya que se ían sumando a outros máis populares como #nolesvotes ou #simiedo. Isto é o que dicía o outro día Juan Varela da democracia en tempo real. Son determinados movementos e accións que comezan nas redes sociais pero que despois teñen consecuencias prácticas no mundo real. Con todo o lío este da Lei Sinde Twitter tremeu, e mesmo fixo que o ex-presidente da Academia do Cine mudase de parecer e abandonase o cargo por diferenzas coa ministra. Cando no parlamento europeo os principais grupos votaron en contra de voar en clase turista a etiqueta #eurodiputadoscaraduras chegou a trending topic e PP e PSOE sairon á palestra para dicir que reconsiderarían o seu posicionamento.
É evidente que as redes sociais están a ter un poder de control e presión sobre o mundo político e económico considerábel. Mais como dicía Isaac Rosa nun artigo en Público, as revolucións aínda se ganan na rúa. Por iso me gustan movementos como Democracia Real Xa! , porque ademais de tomar Twitter tamén queren tomar as rúas.
Vós que diriades, aburrimento ou apatía? Esta pregunta escoiteina na película The Trotsky, unha historia sobre un rapaz de 17 anos que se considera a reencarnación do líder bolxevique. Cando intenta levar a revolución ao seu instituto ten que facer fronte a unha mocidade que semella non ter ningún tipo de interese polas súas proclamas. Mentres que o director do centro pretende facerlle entender que a xuventude é totalmente apática, é dicir, carente das emocións necesarias para comezar unha revolta, o protagonista sostén que os seus compañeiros están aburridos e que precisan dun revulsivo para espertar dese letargo. Non vos quero adiantar como remata a película, pero si que me parece moi interesante o debate que introducen sobre se a mocidade é apática ou está aburrida. Moito tivemos que escoitar nos últimos anos sobre o escaso grao de mobilización da xuventude actual. Sobre todo se nos comparamos coa xeración dos nosos pais, eses que viviron o maio do 68, a transición e todas estas épocas de apoxeo revolucionario. Semella que somos unha decepción. Que malia ser a xeración máis preparada, que contou con máis liberade e máis oportunidades, cando nos putean non facemos absolutamente nada. Pero hai certas cousas que comezan a cambiar. Non tes máis que falar coa xente para comprobar que a capacidade de indignación segue intacta. A ninguén lle gusta botarse cinco anos estudando para logo non atopar traballo. Ou, de atopalo, non cobrar máis de 1000 euros. O cabreo está aí, o que falla son as vías de escape. Non gustan as formas de organización tradicionais de partidos e sindicatos. Vese aos primeiros como corruptos e aos segundos como parasitos. E non falta razón, porque as forzas maioritarias levan moito tempo traballando duramente en deslexitimar o sistema político. Polo tanto á mocidade fanlle falta vías de escape que canalicen ese cabreo e esa frustración. Mais parece que algo se comeza a mover. No Reino Unido os estudantes iniciaron o movemento anti-recortes ao saíren á rúa a protestar contra o incremento das taxas, en Portugal apareceu a Geraçao á Rasca, un movemento apartidario para reivindicar a mellora das condicións para a mocidade. Mobilizacións similares tamén se deron en Italia e Francia. No Estado Español comeza a haber pequenos conatos de resistencia, como a plataforma Juventud sin Futuro, Malestar, ou todo o ciber-movemento #nolesvotes.
É momento de amosar o noso cabreo. Non nos gusta ler a serie Pre-parados de El País, nin tampouco que nos chamen xeración perdida. Tampouco nos gusta ter que emigrar porque non hai traballo no noso país, nin non poder mercar unha casa, nin ter contratos precarios. Calquera forma de loita é boa. A través dunha plataforma, dunha organización estudantil, dun sindicato ou dun partido honesto, desde o teu Twitter ou o Facebook. Hai que amosar que existimos e que queremos que se nos teña en conta. Temos que tomar a rúa. Así que, para cando unha Xeración até o Carallo en Galiza?
Instagram para negocios: la guía definitiva
-
Instagram para negocios y ¿Cómo no utilizarlo de esa manera? Desde el
crecimiento de popularidad de Historias de Instagram Stories, hasta las
oportunidades...
No es fácil mantener un blog
-
Entre las colaboraciones y los intentos de novela, ya veremos dónde llegó,
no me queda tiempo para este blog, que tengo abandonado. Es injusto: él me
prepa...
Unha despedida e outra mudanza
-
Blogaliza bota o feche. Após doce anos de vizosa andaina, axindo como un
dos máis relevantes vectores do blogomillo. Doce anos facendo Rede galega e
en gal...
VIAJANDO CON LOS ROLLING STONES: LA HABANA, CUBA
-
*Miercoles 23 de marzo de 2016, Madrid, 23.40 de la noche. *
Han sido semanas frenéticas, de nervios, de hacer mil y una gestiones, pero
ahora ya... sólo ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Persiguiendo a Gabo
-
*Colita. El País*
Ron y agua bendita. Lo restregaron nada más nacer. Su tía Francisca
Cimodosea Mejía quiso evitar percances como esa vuelta de cordón umb...
Wearables, tecnoloxía para levar posta
-
Até non hai moitos anos, ver un filme de ciencia ficción era para os
*frikiños* (apaixoados das novas tecnoloxías) todo un acontecemento no que
se deixa...
Academia
-
Xa somos demasiado adultos. Deixemos a un lado os requintes, que en quen
non posúe o talento do virtuosismo na interpretación quedan ridículos. As
reviravo...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
Fin de etapa
-
Co nacemento de Espazo Ecosocialista o pasado 26 de maio de 2.012 cubrese
unha necesidade latente desde este foro de reflexión. A partir de agora
quen busq...
Así te ha manipulado el vídeo de Kony 2012
-
Al grano, que ya se ha dicho mucho sobre el vídeo de Kony 2012: Kony es el
meme de internet intencionado más grande que hemos visto hasta la fecha. El
prim...
Feminismo da 1º Onda (IV): Mary Wollstonecraft
-
Mary Wollstonecraft naceu, o 27 de abril de 1759 (Spitafields, Londres), no
seo dunha familia cunha economía moi inestábel debido aos negocios
especulativ...
Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
-
Un grupo de persoas (entre elas, Manolo Barreiro, Filipe Diez e eu mesmo)
levamos meses traballando no deseño dun novo xornal dixital. Porque é
necesario (...
Diana
-
Diana ía ao cole que máis preto lle quedaba da casa. Tiña moitos amigos. E,
tamén, moitas amigas. Cando chegaba o verán ía moita calor e non podía saír
da ...
Morre SOQNF. Mas morre de rir
-
Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom
está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15
de s...
No medio do Mar Caribe ( I )
-
*Traxecto Batabanó – Nueva Gerona 26-VI-11*
Os meus pensamentos corren paralelos ás verdes augas tropicais que
atravesamos neste ferri. Salvamos así a di...
Manifesto por unha rede neutral
-
Tradución de Mallando na-eira
Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto
MANIFESTAMOS:
1. Que Internet é unha Rede Neutral p...
Reflexións sobre o traballo previo á Folga Xeral
-
As datas non cadraron ben para que o inicio deste blog puidera estar cheo
de constantes actualizacións. Exames e demais menesteres non o permiten
pero ese...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
No Dia das Letras
-
Volve mais um ano esta data de celebraçom, e mais que nunca, de luita. Este
ano 2010 esta dedicado a um poeta comprometido com a Galiza e com a língua: Uxío...