Fidel Castro

O día 31 de xullo recibimos a nova de a que Fidel Castro, máximo mandatario de Cuba, tívoselle que lle realizar unha operación de urxencia por un problema intestinal. Ante a gravidade da intervención, o Comandante delegou por primeira vez tódolos seus podres. O beneficiario foi o seu irmán, Raúl Castro, un dos homes máis fortes do goberno, que xa ostentaba os cargos de Ministro de Defensa, Vicepresidente da República, e Vicesecretario do Partido Comunista de Cuba. Esta foi a primeira vez que o seu irmán abandonaba o poder dende o triunfo revolucionario de 1959. Ante este feito histórico, reabriuse o debate acerca da sucesión de Fidel Castro, tema do que xa fai tempo que se fala na illa; sobre todo despois do desmaio sufrido polo comandante no 2001, e a súa grave caída no 2004.



Como é habitual nestes casos, non hai unha única postura. Mentres que algúns sosteñen que será substituído por un Raúl Castro que mantería inamovíbel o réxime apoiándose nas forzas armadas; outros defenden que a sucesión non será personalista, se non que recaería en organizacións colectivas coma o Partido Comunista. O que está claro é que ningunha destas opcións encaixan cos plans que EEUU e os exiliados de Miami teñen para a illa. Baixo unhas ansias “democratizadoras”, pretenden recuperar o poder que perderon coa Revolución. Pero a inexistencia dun forte movemento de oposición na illa, e a mentalidade antiamericana da maior parte do pobo cubano, dificultarán este proceso.

Pero mentres Fidel Castro continúe con vida, non haberá sucesión. O mundo enteiro está pendente de cada nota que o comandante envía asinada a puño e letra. A pesar de todo, por razóns de seguridade, o goberno cubano decidiu manter o estado de saúde do presidente en segredo...polo que a incerteza é absoluta.

0 comentarios:

Postar um comentário