É curioso, cal é o grao de aborregamento da xuventude do Estado Español. Mentres que os nosos homólogos parisinos organízanse e loitan por unha lei laboral xusta, aquí as únicas mobilizacións que hai son para facer macrobotellóns. Mentres que en Francia existe unha conciencia política capaz de rexeitar unha constitución europea, aquí no único en que se pensa é en festa e en borracheira.
Esta situación convídanos a pensar. Se vivimos nunha sociedade tan alienada e na que o apolítico é unha figura maioritaria...¿que será de nós? ¿seremos vítimas da vontade dos gobernantes por non ter unha capacidade organizativa e de loita?
Bitcoin alcanza los 100.000 dólares y bate máximos de todos los tiempos,
adentrándose en territorio inexplorado
-
[image: Bitcoin alcanza los 100.000 dólares / Google Finanzas]
Hoy *bitcoin ha batido sus máximos de todos los tiempos*, después de que el
6 de noviembre...
Há 4 horas
4 comentarios:
Pois vai a resultar que terá que ser este vello, sin que sirva de precedente, o que teña que sair en defensa da xuventude actual…
A idea que se desprende do comentario de Xan é, máis ou menos, que os mozos españois son unha merda (eso por un lado) e que, enriba, os de outros lugares son la “hostia” de revolucionarios, vindicativos e concienciados.
En canto á segunda idea, pouco teño que decir. Son unha persoa que viaxa pouco e non coñezo a realidade doutros países, nen sequera a de Francia. Pero supoño que, como decía miña avoa, en todas partes cocerán fabas…
O que me interesa contradecir é o primeiro punto. Esa idea, da que se está apropiando a direita reaccionaria deste puñetero país (e que por suposto Xan expón cun forte espíritu de autocrítica, absolutamente recomendable, dende a posición totalmente oposta- xa o sei-) de que os mozos de agora son un desastre e os que sí eran “boísmos” eran os de antes, e dicir, nos, os que agora imos indo cara vellos.
¡Pois non! Eu penso o contrario: calquer tempo pasado foi , sentíndoo moito por Manrique, peor. E se nos parecía millor é somentes porque éramos novos, claro, que é moi diferente de ser vellos…Xa o veredes.
Quero recordarlle a Xan que nestes días precisamente fai tres anos que a xuventude saiu ás rúas deste país, masivamente, a protestar contra a guerra de Irak. Foi unha avalancha de milleiros e milleiros de rapaces que manifestaro con claridade a súa postura contraria á guerra. ¿E acórdaste do Prestige? Eu, que son de Corme, terra de percebes (e de chapapote ás veces), teño que decir que non esquencerei nunca máis a marea branca de mozos e mozas que invadiu as costas da miña terra arrincando chapapote ata cos dentes, dándonos a todos unha lección maxistral que ninguén poderá pagar nunca, porque non ten precio. E que vin chegar a Corme eses mozos e mozas un venres pola noite, dende, por exemplo, Guadalajara, e marchar o domingo pola tarde desfeitiños, pero cheos de ledicia. Velaí tendes, un fin de semana de “botellón”; e o luns, volta ós institutos e os centros de traballo. Esa tamén é a nosa xuventude.
Así que non podo estar de acordo: creo que temos unha moi boa xuventude, salvadas as execpcións e feitas as puntualizacións que se precisen facer. E a proba do nove de que teño razón é, por exemplo, este foro dende o que estou escribindo, creado por un mozo no seu tempo libre coa idea (absolutamente revolucionaria) de reflexionar e facer reflexionar ós demáis. A proba do nove de que teño razón, sodes, Xan, mozos coma ti, que, coa súa actitude contradicen o que afirmas…
¿O do botellón? Bueno, ese é outro tema, que ten moitas aristas e que se pode analizar dende moitos puntos de vistas. Pero hoxe apetecíame decir o que dixen.
¡Ah! E noraboa pola páxina.
Saúde e liberdade para todos.
En primeiro lugar, gustaríame agradecerlle ao amigo Corme que compartise con nós a súa opinión, facendo desta páxina un lugar máis dinámico e no que teñan cabida tódalas maneiras de pensar.
E en segundo lugar, quero tratar algúns puntos da súa exposición cos que non estou de acordo. Imos ver, certó é, que tal vez fun demasiado categórico ao dar a entender que a xuventude francesa é moito máis revolucionaria e reivindicativa que a do Estado Español. Pero realmente queríame referir a que, en xeral, a sociedade do estado veciño, es´ta moito máis evolucionada ca do noso, e poño como exemplo o feito de rexeitar a constitución europea, ou as mobilizacións estudantís das que somo testigos estos días. Pero isto ten unha explicación moi simpole: Francia é un estado cunha tradición democrática moitísimo maior que a do noso (reducida a tan só unhas poucas décadas), e por iso, a conciencia social e política dos cidadáns é maior. Pero non por iso quero poñer o modelo francés como idela. Nada máis lonxe da miña intención, xa que esta claro que presenta numerosas eiva, observábeis no crecemento do partido de extrema dereita de Le Pen, ou no fracaso do modelo de integración que derivou na revolta dos barrios marxinais parisimos.
Pero...¿onde quero chegar con esta parrafada? Pois a facer unha crítica da falta de valores democráticos e de conciencia social nas novas xeracións. Como xa ben dixen antes, a tradición electoral é mínima, pero non xustifica que sendo nós a primeira xeración que nace e vive en liberdade e en democracia, presente tal desprecio e indeferencia cara o noso sistema de sufraxios, e que viva dunha maneira tan individualista e egoísta. De tódolos xeitos, con isto non quero minimizar a grandiosas mobilizacións populares contra a guerra, polo Prestige, ou contra a LOU, pero tamén quero destacar que xa non se loita por cambiar o sistema, ou pola revolución, tan só hai resposta social fronte a uns determinados feitos cunha repercusión directa e inmediata sobre cada individuo.
Bon, por hoxe non teño nada máis que dicir, espero máis opinión.
Saudos socialistas para todos.
Dende que conocín a páxina visitoa con frecuencia, o mesmo que as outras que coñecín por Pobreloko. Pero dábame un pouco de "corte" participar e limitábame a curiosear. ¿Que vou a decir do que expós? Pois que estou prácticamente de acordo con todo...Pero sigo afirmando que a xuventude actual é mellor que a que eu vivín, sen ningunha dúbida. ¿O problema do "pasotismo" político? Evidentemente é real, e seguramente ten causas profundas, entre outras as que ti citas. Pode ser que agora moitos mozos pensen que tódolos políticos son iguais, e que non paga a pena pelexar contra o sistema. Evidentemente eso non é así, e este pasotismo favorece á dereita deste pais, que nestes momentos é unha dereita profundamente reaccionaria. Pero cando ocurren acontecementos extraordinarios, a xuventude normalmente reacciona. Por exemplo: o 11 M. Hai estudios sociolóxicos serios que apuntan a que a derrota dos neoconservadores españois foi fruto, en boa medida, da movilización da xuventude, de mozos que normalmente "pasan" de votar, e que, ante a morea de mentiras do bigotes e cía decidiron acudir ás urnas. Por un momento déronse conta de que non todos son iguais. Ou, como decía aquel, que todos son iguais, pero uns máis iguais que os outros.
Pero, certamente, creo que o teu diagnóstico é bastante certeiro e coincido cas ideas básicas que sustentas. Ainda que, repito, sigo pensando que calquer tempo pasado foi peor...
Saúde e liberdade para todos
Bon, moitas grazas polos comentarios, e anímovos a todos a que participedes, e que non vos de corte.
Un saúdo
Xan Guindán
Postar um comentário