Via The Guardian (preme na imaxe para facela máis grande)Os resultados deste estudo evidencian a enorme importancia que ten internet, mais non só na economía, senón tamén socialmente, xa que é quen de mudar os nosos hábitos de consumo. As TIC son un sector en auxe que abre moitas posibilidades de crecemento para as nosas economías. Agora ben, é imprescindíbel rematar coa fenda dixital para poder desenvolver dun xeito completo e equitativo unha economía baseada en internet. No propio Reino Unido son significativas as diferenzas na estensión da banda larga entre o suereste de Inglaterra e Escocia e mailo Ulster. Para canto máis nun país periférico como o noso! Cómpre continuar o traballo xa comezado de levar a toda Galiza conexión de alta velocidade, así como afondar na alfabetización dixital.
Ler máis...








