Moito teño escoitado falar ultimamente da independencia dos movementos sociais. En canto unha determinada plataforma, organización ou colectivo cívico empeza a coller certa forza, comezan a proliferar as voces disidentes que critican a progresiva asimilación do movemento por parte dun partido ou organización política. Pasou con Nunca Máis!, coa plataforma Non á Guerra, cós CAF ou coas Asembleas de Estudantes. Pero eu pregúntome..
Que ven sendo iso da "independencia dos movementos sociais"?
Poderiámolo definir como a autoorganización da sociedade civil lonxe da tutela de organizacións políticas. Porén, a experiencia demóstranos que isto non é outra cousa que unha quimera. Hai unha serie de movementos e colectivos nos que o seus integrantes adoitan ter un certo compromiso político e que comulgan en maior ou menor medida cun determinado partido ou organización. Esta tendencia vése reflectida na liña ideolóxica do propio colectivo. Poñendo exemplos reais, podemos ver a semellanza programática que teñen a CIG ou os CAF có BNG.
Por outra parte, tamén cómpre sinalar que os militantes dunha organización política, tenden a afiliarse aos mesmos colectivos, xa que é un xeito de estender a forza e a ideoloxía do propio partido. Continuando có exemplo de antes, podemos ver como moitos militantes do BNG e de Galiza Nova participan tamén nos CAF e na CIG, e como estas organizacións poden servir á súa vez de ponte para entrar no BNG.
A experiencia tamén nos demostra como os dirixentes políticos adoitan copar os cargos máis importantes dos movementos e colectivos nos que participan. Con todo, é algo que non nos debe extrañar, xa que poderiamos dicir que é unha tendencia natural. Unha persoa "curtida" na acción política terá unha maior capacidade de dirección e ocupará sempre os cargos de maior responsabilidade.
Con isto quero dicir que hai unha serie de movementos (sindical, estudantil, xuvenil...) que tenden a politizarse e rematan asociados a algún partido ou organización. É un trazo que por moito que queiramos, non poderemos evitar, pero que ten consecuencias moi positivas, xa que esa "simbiose" en moitas ocasións permite que os movementos pervivan, nutríndose de militantes e simpatizantes das organizacións políticas.
Pero o máis criticado polos amigos da "independencia dos movementos sociais", é que nas reunións das organizacións políticas, se decidan as posturas dos colectivos cívicos. Isto tamén é algo normal e inevitábel. Parémonos a reflexionar. Se un partido participa activamente nunha asociación, é lóxico que decidan unha postura común. Até hai ningún problema. Pero claro, como teñan a maioría...daquela chámaselle dirixismo.
14 comentarios:
Como se nota que ti non pasaches pola experiencia de ver como o traballo de anos (propio ou de outros) é tirado polo chan por unha decisión tomada na Avenida de Lugo ou en calquer outro lugar.
O problema non é que os membros dun colectivo ou organización militen nun determinado partido, senón que a pertenza a ese partido condicione a súa actuación, sobre todo cando son a maioría.
No xogo de maiorías e minorías a primeira non pode imporse e facer e desfacer ó seu antollo sen contar co resto e criminar ó contrario. Por que? Porque impide o traballo dos demais, vicia a vida interna e converte a organización nunha simple correa de transmisión, obrigando ós militantes que non concordan a abandonar. Iso é o fai a UPG, e o que fai Primeira Linha. Chámase dirixismo.
Foi así como a UPG converteu organización vivas e activas como ADEGA ou a SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) en fósiles que editan revistas. Só abren a boca cando interesa. Non son organización nas que a militancia participe activamente indepentementa da súa afiliación, senón chiringuitos onde todo ben marcado desde arriva ou desde o local dun partido.
Non se trata de obviar a realidade de que os militantes máis activos dos partidos soen (non sempre) estar en colectivos determinados e viceversa, senón conseguir que a militancia nun partido non condicione a vida interna e permita a pluralidade e autonomía destes.
Se queres unha explicación mellor tela en Reconstruyendo la izquierda, Parte III: El nuevo instrumento político, de Marta Harnecker
Ben, en xeral gustoume o teu artigo. E cando falas do resultado positivo da intervención no sentido de que os movemementos sociais se nutren de máis xente, teño que darche a razón. Ó final indicas moi ben o problema: dirixismo. A min gústame pensar nos movementos sociais coma una sorte de traballo común de organizacións diversas (lembremos que Nunca Máis contaba co apoio de xentes tan diversas como a UPG, CNT e así). É o dirixismo é un cancro, que subordina unha plataforma a un partido.
Ai, canto temo por Causa Galiza... (e sería unha mágoa)
Saúde
Alégrome da túa volta á actividade, que ven coincidindo coa miña despois da desconexión dixital veraniega.
No tocante ó teu post, persoalmente estou bastante de acordo con Lord of the soviets.
Moito ánimo para o curso que comenza.
Mmm, a ver, vou responder ao comentario do amigo Santi porque hai cousas coas que estou de acordo e outras coas que discrepo. Os que me coñezan xa saben que nestes temas teño un pensamento un tanto maquiavélico.
En primeiro lugar dis que "o problema non é que os membros dun colectivo ou organización militen nun determinado partido, senón que a pertenza a ese partido condicione a súa actuación, sobre todo cando son a maioría". Discrepo totalmente neste punto. Par min a pertenza a un determinado partido ou organización TEN QUE CONDICIONAR necesariamente a actividade nos movementos socias. Coido que o partido debe decidir cal será a actuación dos seus militantes en determinados colectivos nos que participen. Vexo importante manter unha postura unitaria có fin de aumenta-la presenza e a influencia da propia organización na sociedade.
Nun segundo lugar, criticas que a corrente dominante (vinculada a un partido) impoña as súas decisións amparándose na súa condición de maioría e sen ter en conta as opinións dos demáis. Neste caso gustaríame facer un par de puntualizacións.
1) Supoño que te referirás a calquera tipo de maioría, non só a vinculada a un partido. Como ben saberás, calquera tipo de colectivo é susceptíbel a que se creen fraccións.
2)Coido que un partido que pretenda aumentar a súa presenza nos movementos sociais, e que estos sirvan como medio para acada-los seus obxectivos, debe de manter unha certa hexemonía. Esto non quere dicir que non respete as opinións dos demais, ao contrario. Ten que facer todo o posíbel por integrar a toda a organización nunha posición semellante á do partido, aínda que para isto haxa que facer concesión. Para min é un erro político provocar enfrontamentos entre maioría e minoría. Débese de integrar ás minorías dentro do posíbel. Deste xeito aseguras un bo ambiente de traballo e á súa vez consigues os obxectivos desexados.
Cando falas do papel da UPG en colectivos como ADEGA ou a SGHN
, douche a razón. Eu creo que hai que diferenzar dous xeitos de traballar nos movementos sociais.
1º) O propio de organizacións altamente politizadas (sindicatos, movementos de estudantes) no que hai que facer que TODO o partido milite neles, defendendo unha postura común e actuando do xeito que expliquei arriba.
2º) En movementos socias pouco ou nada politizados, debemos asegurar a presenza do partido, pero non dun xeito hexemónico. Hai que instar aos militantes a que participen activamente nas organizacións da sociedade civil, e que constantemente estén transmitindo a opinión do partido. Deste xeito, pular porque a lingua vehicular do colectivo sexa o galego, pode ser un xeito de transmitir parte da ideoloxía nacionalista. Un militante debe ser sempre coherente coas posturas do partido, e desempeñar un papel moi activo nos movementos sociais.
Creo que con este comentario complemento o xa dito no post
Saúde e Terra
Há umha cousa que nom comprendo. Por que se rejeitas o leninismo empregas aquí a noçom de partido de vanguarda? Por que os movimentos sociais precisan dum partido que os dirixa?
Um movimento social nom é umha correia de transmissom, que é como os entendes tu. Parasitando os movimentos nom aumentas a tua influência na sociedade, simplesmente afogas o movimento e rematas com el. ADEGA só é um de tantos exemplos.
Efectivamente rexeito o leninismo, mais hai algún resto que, como ves, aínda me queda.
Dís que "parasitando" os movementos sociais o que fas é afogalos. Non o creo. Fíxate en ERGA, por exemplo. Máis dirixismo que neste caso non sei onde haberíá. A Manuel Mera (hoxe do MpB)envíaoo a UPG para organiza-lo movemento estudantil. Un tío que non era estudante! E os resulados xa os coñeces, en dous anos 1000 persoas nunha Asemblea Nacional. Dirixido todo, obviamente, pola UPG.
Sim o creo. Falo da principal organizaçom ecoloxista galega anulada, da principal asociaçom de conhecemento da natureza desactivada, e das suas coselharias, onde crean CCOO para combater a CIG (sindicato maioritário na Xunta), nom vaia ser que denunciem a corrupçom.
A respeito de ERGA, lembra que se desfixo dela quando deixou de ser util, por muito que diga a historiografia oficial.
E por favor, cambia de tema, que estou a coincidir en demasiadas coisas com o Espanholito.
No de ADEGA xa sabes que che dou a razón. E xa expliquei antes o que opino sobre os dous tipos de organizacións e a participación dos partidos nelas.
Claro que ERGA se desfixo cando xa non era necesaria. Ten en conta que naceu nun momento no que o nacionalismo maioritario era o marxista (UPG)e que eran unha organización puramente revolucionaria. Unha vez creado o BNG e có tema da casa común e todo iso, ERGA fóronse diluíndo nos CAF, organización que, ao igual que o bloque, serven para aglutinar.
Tranquilo que mañá cambio de tema que se conmemora a morte de Jonhy Ramone e iso merece un post. Aínda que claro que te pareces a Españolito. Jipis-comeflores os dous
Algo tinha que parecer-me, para algo estamos na mesma Fronte na que cedo estaras tu. Pode que Jipi-comflores, mas nunca chico-bershka.
xq sempre vos metedes comigo?
XD
Porque es tan incribelmente vacilábel, meu bo Españolito...
QUER QUEIRAM!
QUER NOM!!
LIGA EM ESPANHOL!!!
claro que sempre haberá grupos de intereses dentro dos movimentos sociais, moi debiles por certo na nosa sociedade civil. O que hai que criticar é ese vicio sectarista q busca favorecer o partido ou organización en vez de favorecer os intereses polos que o movemento se move. Eso é o que pasa neste país. os tempos dos caciques "seguen" chegados, porque se sustituiu a súa cor. hai que acabar cos trepas para que os movementos sociais sexan independentes dentro da dependencia.
saudos
Neno, actualízaste menos que os estatutos da FPG...
Huas, huas, retrnaca nacional-popular
(Aplausos)
Postar um comentário