O pasado 10 de novembro, en Londres tivo lugar a máis grande manifestación en contra da suba das taxas. Participaron ao redor de 50.000 persoas e tivo moita repercusión nos medios internacionais cando un grupo de máis dun milleiro de estudantes asaltaron a Millbank Tower, sede do Partido Conservador. Mentres durou esta breve ocupación, un mozo de 18 anos lanzou un extintor baleiro desde o tellado do rañaceos. Afortunadamente, non alcanzou a ningún dos estudantes e policías que estaban nos arredores. Segundo informa The Guardian, este rapaz foi sentenciado onte a unha pena de 32 meses de cadea. O xuíz que levaba o caso afirmou que o "dereito á protesta pacífica é moi prezado" e que "aqueles que fagan un uso indebido del aproveitando ocasión para recorrer á violencia, deben agardar longas penas".
Isto é unha chamada de atención ao movemento estudantil inglés, que tralas protestas contra a suba das taxas se situou na vangarda de todo o activismo anti-recortes e que recolleu moitas simpatías en amplos sectores da esquerda. Por esa vontade de dar un castigo exemplarizante esquécese o drama humano que está a vivir este estudante que, aos seus 18 anos, estropeou a vida. Lanzar un extintor desde un tellado é unha irresponsabilidade, mais teño as miñas dúbidas de que a condena fose a mesma se non se tratase dun contexto de loita
Non é habitual, no marco dunha democracia liberal, presenciarmos o peche de xornais e a persecución dos seus traballadores. Porén, nos últimos anos, o Estado Español foi tristemente recordado por varios casos deste estilo. Os primeiros exemplo témolos en 1998, coa clausura do diario vasco Egin e da súa emisora Egin Irratia, o segundo en 2001 coa suspensión da revista Ardi Beltza, e o terceiro en 2003, co peche polas armas de Egunkaria, o único xornal integramente en éuscaro. Neste artigo centrarémonos neste último caso, aproveitando que o pasado mes de abril resolveuse a sentencia xudicial de xeito favorábel para o medio e que o seu director, Martxelo Otamendi, estivo impartindo unha conferencia na Facultade de Ciencias da Comunicación.
A xénese do proceso Euskaldunon Egunkaria nace impulsado por diferentes persoas vencelladas ao mundo da cultura e da lingua vasca. En 1989 botan a andar un proceso chamado Egunkaria Sortzen (crear o periódico) co que pretendían acadar os apoios suficientes para constituír a primeira cabeceira integramente en éuscaro. O único precedente dun medio en papel deste tipo estaba en Eguna, un boletín editado polo goberno vasco durante a Guerra Civil e cuxa duración non foi máis alá dun ano. Egunkaria sacaría o seu primeiro número o 6 de decembro de 1990 despois de teren participado economicamente na súa fundación máis de 1500 persoas. Tal e como sinalou o seu director, Martxelo Otamendi, pretendían ser a cabeceira de referencia en éuscaro, como o eran Le Monde ou The New York Times nos seus respectivos territorios. Malia ter unha liña editorial progresista e ser especialmente sensíbeis coas nacións sen estado e culturas minorizadas, tanto o seu cadro de persoal como os seus colaboradores eran moi plurais no ideolóxico. Aínda que Egunkaria sacou o seu primeiro número 1990, non foi até o 6 de xuño 2001 cando a Garda Civil remitiu ao xuíz da Audiencia Nacional Juan del Olmo un informe titulado “Sobre la presunta vinculación de un entramado empresarial con financiación de la banda terrorista ETA” no que se indicaba a sospeita de que diferentes empresas vencelladas ao mundo do éuscaro, Egunkaria S.A. incluída, puidesen financiar á banda armada. Durante a investigación da empresa o único que se atopou foi uns documentos de principios dos 90 que podían pertencer a membros de ETA e de KAS pero que non estaban asinados nos que se falaba do periódico, pero sempre desde un punto de vista externo. A maioría destes arquivos xa saíran á opinión pública no seu momento, mesmo pasaron polo xuíz Garzón sen que este iniciase investigación algunha contra o xornal.
O peche Ao non atoparen probas, a Garda Civil solicita ao xuíz Juan del Olmo o peche de Egunkaria para continuar a investigación. Deste xeito, a noite do 20 de febreiro de 2003, efectivos das forzas de seguridade clausuran a sede do periódico e entran nas casas de dez traballadores e colaboradores do medio para detelos e rexistrar os seus domicilios. Durante os cinco días seguintes permaneceron incomunicados por mor da aplicación da Lei Antiterrorista, tempo no que a metade dos detidos denunciaron torturas. O propio Martxelo Otamendi sinalou que durante a súa detención o único que lle preguntaron foi por unhas entrevistas que lles fixera había tempo a varios militantes de ETA e cuxa información non só estaba protexida polo secreto profesional, senón que xa fora investigada polo xuíz Garzón. Malia todo, o director do xornal denunciou que para obter esa información, a Garda Civil utilizou métodos violentos e vexatorios cara o reo.
A investigación Ao clausuraren o xornal, as forzas de seguridade incautaron moitos documentos tanto no medio como nas vivendas dos detidos, mais non atoparon ningunha referencia ou presenza de ETA, e moito menos relativa ao financiamento. O que si que se descubriron foron algunhas irregularidades económicas relacionadas coa xustificación de subvencións, por iso o sumario dividiuse en dous. Por unha banda o relacionado co peche e polo outro o económico.
O argumentario esgrimido polo xuíz foi mudando co tempo. Se nun primeiro momento se pecha Egunkaria porque financia a ETA, ao non atoparen probas disto dálle a volta aos termos e di que foi a banda armada a que financiou o proceso de constitución do xornal, sinalando como inverosímil que o medio conseguise o capital inicial grazas a doazóns sen o impulso de ETA. Asemade, comezouse a seguir a liña argumental de que os obxectivos de Egunkaria coinciden cos da organización violenta xa que ámbolos dous apostan pola plena normalización do éuscaro en todos os territorios que conforman Euskal Herria.
A acusación e o xuízo Na época da clausura e da primeira parte da investigación, a fiscalía compartía os postulados coa Garda Civil e co xuíz Juan del Olmo. Agora ben, a cousa cambiou unha vez que o PSOE chega ao goberno do estado e Olga Sánchez é substituída por Miguel Ángel Carballo como fiscal asignado ao caso Egunkaria. Constátase que non había base para xulgar a ninguén e retiran a acusación. Pero o proceso continuou, xa que as organizacións Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT) e Dignidad y Justicia (DyJ) quixeron manterse como acusación particular.
O primeiro xuízo contra os cinco acusados comezou o 15 de decembro de 2009 e quedou visto para sentenza o 1 de febreiro de 2010. No seu desenvolvemento foron quedando en evidencia a falsidade das acusacións, concluíndo cunha sentenza favorábel aos xornalistas e ao propio medio. Asemade, neste documento xudicial cuestiónase como se levou o proceso, o inxustificábel do peche, a acusación sen fundamento e a verosimilitude das denuncias de tortura.
Reflexión final Resulta difícil comprender o peche do diario Egunkaria sen ter en conta o contexto político da época. No estado, o goberno Partido Popular de Aznar tiña un marcado carácter antinacionalista. Lonxe quedaban xa os pacto co PNV e con CiU da primeira lexislatura. Na Comunidade Autónoma Vasca, o debate sobre a cuestión nacional estaba en plena actualidade, de feito, meses despois presentaríase o chamado “Plan Ibarretxe”. Nestas circunstancias, o peche de Egunkaria, nena mimada da cultura vasca, supuña unha chamada de atención non só ao soberanismo vasco, senón a calquera reivindicación identitaria.
A clausura de Egunkaria é un exemplo da precariedade democrática que aínda ten o Estado Español a día de hoxe e no que conflúen varios condicionantes:
A existencia dun debate nacional aínda non resolto
A vixencia dun conflito armado nunha parte do Estado
A vontade de certos sectores de vencellar toda a reivindicación nacional e/ou identitaria coa violencia.
A estratexia levada a diante por determinados sectores extremistas do “todo é ETA” é un grave perigo para as liberdades cívicas, non só en Euskal Herria senón en todo o Estado Español. Mentres este discurso siga vixente entre líderes políticos, mediáticos, e poder xudicial será moi complicado manter unha democracia normalizada nun contexto non violento, respectuoso con todas as opcións políticas e na que se poida exercer o xornalismo coa maior liberdade posíbel.
Para máis información do proceso, podes acceder a un FAQ redactado polo xornalista de Egunkaria Imanol Murua e traducido ao castelán no blog de Javier Ortiz.
Hai xa catro meses da manifestación contra o galego organizada por Galicia Bilingüe, pero aínda hoxe seguimos a ver as súas consecuencias. Tal e como informa Vieiros, a Delegación do Goberno español en Galiza comezou a mandar esta semana as primeiras sancións a algunhas das persoas que participaron nas mobilizacións contrarias á marcha antigalega. Entre elas atópanse varios activistas que fixeron parte da acción ridiculista organizada polo colectivo Sei o que nos figestes nos últimos 525 anos. Este grupo demostrou con feitos unha frase que lle escoitei unha vez a Ramom Lôpez-Suevos: pódese ser radical e sensato. No canto de lanzarse como animais sobre os de Galicia Bilingüe, a xente de Seioque deulle unha pensada ao asunto e apostou por unha acción efectiva, pacífica e con sentido do humor. Mentres algúns pretendían defender a lingua a botellazos, eles disfrazáronse cos tópicos españois e sumáronse á marcha de Galicia Bilingüe con máis forza que ninguén. Iso si, pronto atoparon cunha policía tremendamente violenta que mallou neles polo simple feito de empregar un humor intelixente. Segundo Vieiros, dúas das persoas que participaron nesta acción recibiron avisos de sanción nos que os acusaban de "orixinar graves desordes nas vías, espazos ou estabelecementos públicos, ou causar danos graves aos bens de uso público".
Socialmente asúmese esta represión como algo normal. Vincúlase este tipo de activismo con movementos extremistas e lexitímanse tanto as agresións policiais como as posteriores sancións porque supostamente estas persoas perturban "a orde democrática e de liberdades". Non se reflexiona nin se analizan os feitos obxectivos. A estas persoas vanas multar por iren disfrazados, non por agredir a ninguén, nin tan sequera por insultar. Simplemente por empregar o sentido do humor como ferramenta de acción política.
Cómo ser Trending Topic en Twitter
-
Lo más probable es que siempre en tu celular en la lupa de Twitter te
aparezcan entre 10 y 20 títulos que se hacen tendencia día a día, hora a
hora. ¿Sabes...
No es fácil mantener un blog
-
Entre las colaboraciones y los intentos de novela, ya veremos dónde llegó,
no me queda tiempo para este blog, que tengo abandonado. Es injusto: él me
prepa...
Unha despedida e outra mudanza
-
Blogaliza bota o feche. Após doce anos de vizosa andaina, axindo como un
dos máis relevantes vectores do blogomillo. Doce anos facendo Rede galega e
en gal...
VIAJANDO CON LOS ROLLING STONES: LA HABANA, CUBA
-
*Miercoles 23 de marzo de 2016, Madrid, 23.40 de la noche. *
Han sido semanas frenéticas, de nervios, de hacer mil y una gestiones, pero
ahora ya... sólo ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Correr.
-
Corres. Esos momentos nos que non sabes moi ben pra onde vas, ou cal é o
camiño, pero ti corres. Chegas a cada encrucillada apurado, agardando
atopar ao de...
Persiguiendo a Gabo
-
*Colita. El País*
Ron y agua bendita. Lo restregaron nada más nacer. Su tía Francisca
Cimodosea Mejía quiso evitar percances como esa vuelta de cordón umb...
Wearables, tecnoloxía para levar posta
-
Até non hai moitos anos, ver un filme de ciencia ficción era para os
*frikiños* (apaixoados das novas tecnoloxías) todo un acontecemento no que
se deixa...
Academia
-
Xa somos demasiado adultos. Deixemos a un lado os requintes, que en quen
non posúe o talento do virtuosismo na interpretación quedan ridículos. As
reviravo...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
Fin de etapa
-
Co nacemento de Espazo Ecosocialista o pasado 26 de maio de 2.012 cubrese
unha necesidade latente desde este foro de reflexión. A partir de agora
quen busq...
Así te ha manipulado el vídeo de Kony 2012
-
Al grano, que ya se ha dicho mucho sobre el vídeo de Kony 2012: Kony es el
meme de internet intencionado más grande que hemos visto hasta la fecha. El
prim...
Feminismo da 1º Onda (IV): Mary Wollstonecraft
-
Mary Wollstonecraft naceu, o 27 de abril de 1759 (Spitafields, Londres), no
seo dunha familia cunha economía moi inestábel debido aos negocios
especulativ...
Praza, un novo xornal. Un espazo no que atoparse
-
Un grupo de persoas (entre elas, Manolo Barreiro, Filipe Diez e eu mesmo)
levamos meses traballando no deseño dun novo xornal dixital. Porque é
necesario (...
Diana
-
Diana ía ao cole que máis preto lle quedaba da casa. Tiña moitos amigos. E,
tamén, moitas amigas. Cando chegaba o verán ía moita calor e non podía saír
da ...
Morre SOQNF. Mas morre de rir
-
Nom está bem rir das desgraças alheias. Mas rir das próprias desgraças nom
está mal. Precisamente isso foi o que figemos na passada quinta-feira, 15
de s...
No medio do Mar Caribe ( I )
-
*Traxecto Batabanó – Nueva Gerona 26-VI-11*
Os meus pensamentos corren paralelos ás verdes augas tropicais que
atravesamos neste ferri. Salvamos así a di...
Manifesto por unha rede neutral
-
Tradución de Mallando na-eira
Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto
MANIFESTAMOS:
1. Que Internet é unha Rede Neutral p...
Reflexións sobre o traballo previo á Folga Xeral
-
As datas non cadraron ben para que o inicio deste blog puidera estar cheo
de constantes actualizacións. Exames e demais menesteres non o permiten
pero ese...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
No Dia das Letras
-
Volve mais um ano esta data de celebraçom, e mais que nunca, de luita. Este
ano 2010 esta dedicado a um poeta comprometido com a Galiza e com a língua: Uxío...