Non sei se será porque ultimamente estou completamente rodeado de obras (están a construír unha autoestrada na metade da miña rúa), pero deume por remodelar un pouco isto. Se ao longo destes días vedes cousas raras coma que muda o cabezallo cinco veces en tres minutos, ou que aparecen as ligazóns descolocadas, non vos preocupedes, está todo controlado. Cando estea rematado xa porei unha enquisa para ver que vos parecen as novidades. Por outra parte, como todo o tempo que dedicaría en situacións normais a escribir o estou empregando na remodelación, non esperedes artigos novos.
Desculpade as molestias ;)
El experimento sobre la paradoja del cumpleaños, una forma divertida de
entender el famoso problema de probabilidad
-
[image: El experimento sobre la paradoja del cumpleaños, una forma
divertida de entender el famoso problema de probabilidad]
Este es uno de los problemas...
Há 20 horas
6 comentarios:
vese a túa preferencia polos partidos integrantes do BNG pola forma en que os sitúas
upegallo XDDD
Non te creas. Malia estar perfectamente escollida a colocación, non é por orde de preferencia. En primeiro lugar poño ao común (BNG/Galiza Nova), despois poño á UPG/UMG porque moita xente cre que son de Isca! e sabes que non é certo. Logo poño o MpB/Isca! por seguir unha correlación ideolóxica. Non hai preferencia. Se me teño que quedar con alguén do BNG agora mesmo, é con Encontro Irmandiño, que malia ser ideoloxicamente diferentes, para min están a pasar tanto á UPG coma ao MpB pola esquerda.
Mólame o feixe de imaxes que tes arriba. Conseguiches darlle un entrañábel toque rancio. Xa sabes que iso é o que me vai. Algúns temos a ialma de politburó, haha...
Saúde
Veña ho! Tampouco é tan rancio!
si que é rancio,moito!!!
Un pouco rancio si que é e tes que recoñecelo. De todas maneira segue a ser un chisco mellor ca o meu (intento mellorar). Segue comentando que se non pareceme a mi que ninguén vai facelo, xD. Grazas por facer menos penoso o meu blog.
Deica
Postar um comentário