MEMORIA DA LIBERDADE: represión e resistencia en Galiza (1936 - 1977)

Entre o día 3 de novembro e o 31 de xaneiro, poderase ver no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)unha magnífica exposición acerca da represión e da resistencia durante a ditadura franquista. A través de fotografías, publicacións, cartas, e material audiovisual, esta exposición fai un percorrido histórico por tódalas fases da loita política e social no noso país: dende o traballo dos galeguistas na república, até a resistencia da UPG nos anos 60-70, pasando pola loita guerrilleira na posguerra, ou pola labor cultural dos homes de Galaxia.

Esta mostra está organizada pola Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galiza, e pola fundación "2006: ano da memoria", contando coa colaboración da Consellaría de Innovación e Industria, polo Concello de Santiago, e polo Xacobeo. Ler máis...

Lume nunca mais

Ler máis...

Fidel Castro

O día 31 de xullo recibimos a nova de a que Fidel Castro, máximo mandatario de Cuba, tívoselle que lle realizar unha operación de urxencia por un problema intestinal. Ante a gravidade da intervención, o Comandante delegou por primeira vez tódolos seus podres. O beneficiario foi o seu irmán, Raúl Castro, un dos homes máis fortes do goberno, que xa ostentaba os cargos de Ministro de Defensa, Vicepresidente da República, e Vicesecretario do Partido Comunista de Cuba. Esta foi a primeira vez que o seu irmán abandonaba o poder dende o triunfo revolucionario de 1959. Ante este feito histórico, reabriuse o debate acerca da sucesión de Fidel Castro, tema do que xa fai tempo que se fala na illa; sobre todo despois do desmaio sufrido polo comandante no 2001, e a súa grave caída no 2004.



Como é habitual nestes casos, non hai unha única postura. Mentres que algúns sosteñen que será substituído por un Raúl Castro que mantería inamovíbel o réxime apoiándose nas forzas armadas; outros defenden que a sucesión non será personalista, se non que recaería en organizacións colectivas coma o Partido Comunista. O que está claro é que ningunha destas opcións encaixan cos plans que EEUU e os exiliados de Miami teñen para a illa. Baixo unhas ansias “democratizadoras”, pretenden recuperar o poder que perderon coa Revolución. Pero a inexistencia dun forte movemento de oposición na illa, e a mentalidade antiamericana da maior parte do pobo cubano, dificultarán este proceso.

Pero mentres Fidel Castro continúe con vida, non haberá sucesión. O mundo enteiro está pendente de cada nota que o comandante envía asinada a puño e letra. A pesar de todo, por razóns de seguridade, o goberno cubano decidiu manter o estado de saúde do presidente en segredo...polo que a incerteza é absoluta. Ler máis...

1945-2006

1945. A aviación nazi atemoriza Europa cos seus bombardeos. Homes, mulleres, nenos e anciás morren por mor das ansias xenocidas duns homes que falan de espazos vitais e da superioridade dunhas razas sobre outras.

2006. A aviación israelí, bombardea pobos enteiros. Masacra a nenos, mulleres, homes e anciás. Non falan de superioridade, pero éncheselles a boca de loitas contra o terrorismo e defensa de estados xudeos.

Superamos o nazismo, as terribeis ditaduras comunistas foron derrocadas...a democracia prevaleceu.

¿E que? A xente segue a morrer baixo as bombas Ler máis...

TEMPOS DE CAMBIO: REVOLUCIÓN DEMOCRÁTICA EN LATINOAMÉRICA

O día 6 de decembro de 1998, o ex militar Hugo Chávez, gaña as eleccións presidenciais en Venezuela. Aquí iníciase o que agora coñecemos como revolución bolivariana ou socialismo do século XXI. Dende aquel momento, sucedéronse as vitorias electorais de forzas políticas de esquerda en latinoamérica. Lula da Silva no Brasil (2003), Néstor Kirchner en Arxentina (2003), Tabaré Vázquez no Uruguai (2004), Evo Morales en Bolivia (2005), Michelle Bachelet en Chile (2005); e o crecemento da esquerda noutros procesos electorais se aveciñan: Ollanta Humala no Perú, a Nova Esquerda Mexicana, etc.

Este rápido crecemento das formacións progresistas, responden ás demandas populares de xustiza social fronte a unha situación de crise socioeconómica, que acentuou as diferenzas entre ricos e pobres. Á súa vez, a histórica dependencia de potencias estranxeiras, como EEUU, espertaron non pobo latinoamericano unhas ansias de superación e de crear un futuro no que sexan eles mesmos os que decidan os seus destinos.

Xa pasaron oito anos dende o inicio desta revolución, e comézanse a ver os logros sociais que se acadaron en Venezuela e que pouco a pouco se foron estendendo polo resto de países nos que goberna a esquerda. O índice de pobreza no país de Bolívar pasou dun 50% a un 37%, as taxas de alfabetización aumentaron velozmente, chegando a instruír a máis dun millón de persoas en tan so tres anos, a cobertura aos pensionistas disparouse, acadando cifras históricas. Pero para moita xente estes logros non son suficientes, e critican duramente aos gobernos de esquerdas, acusándoos de antidemocráticos, autoritarios, e corruptos. Deste xeito, os gobernos reformistas tiveron que enfrontarse a duras campañas de desprestixio por parte da oposición, como a sufrida por Lula, na que se empregaron descualificacións de índole persoal e se puxo en dúbida a súa capacidade para dirixir a nazón; ou as folgas do sector petroleiro en Venezuela, que foron apoiadas pola patronal e que se prolongaron durante semanas, paralizando así a principal actividade económica do país. Cando estas medidas fracasaron, a oposición recorreu a métodos violentos para acabar cos gobernos. Poño por exemplo o golpe de estado que mantivo recluído ao presidente venezolano durante algo máis dun día, sendo finalmente liberado polas forzas leais á república. Segundo Hugo Chávez, este ataque contra a democracia venezolana, foi apoiado por EEUU e por algún país europeo (entre eles España) xa que vían nas reformas levadas a cabo polo seu goberno, unha ameaza para os interese das súas empresas asentadas alí. De tódolos xeitos, non hai probas concluíntes que demostren esta implicación. O que si que podemos observar todos nos, son os constantes enfrontamentos entre os EEUU e os diferentes países latinoamericanos nos que goberna a esquerda, especialmente Bolivia, Cuba e Venezuela. Estes catro estados están inmersos nunha guerra diplomática cuxas consecuencias aínda están por ver. Son comúns os insultos e desprestixios entre líderes, dando deste xeito unha mala imaxe ante a comunidade internacional.

O futuro desta revolución neosocialista é incerto. Os novos líderes prometeron grandes cambios os seus electores, pero que a súa aplicación supoñería un enfrontamento directo con grandes imperios empresariais e con potencias estranxeiras como EEUU. Poño por exemplo o caso do Movimiento Al Socialismo (MAS) de Evo Morales. O seu partido viviu un ascenso vertixinoso nos últimos anos, e gañou as derradeiras eleccións estando o país ao borde da guerra civil. Para atraer á súa causa ás masas, prometeu a nacionalización do principal recurso do que dispoñen: os hidrocarburos. A posta en práctica desta medida chocaría cos intereses das grandes empresas petroleiras, que contan co apoio institucional dos seus respectivos países. Á súa vez, se Evo Morales falla á súa promesa, perderá apoios e o (MAS) deixará de ser a forza política maioritaria. Polo de agora aínda non se comezou co proceso de nacionalización, aínda que se abriu unha etapa de diálogo cos líderes das principais empresas. Respecto ao tema do apoio popular, cabe destacar que o pobo espera moito del, e a falta de medidas inmediatas que solucionen moi a curto prazo algún dos gravísimos problemas que presenta Bolivia, provocaron a convocatoria dalgunha folga e do inicio de movementos na súa contra. É importante reseñar que os seus opositores poñen en dúbida a súa capacidade de dirixir a nazón, pola súa escasa formación política. Lembremos que Evo Morales provén dos sindicatos cocaleiros, e que traballou a maior parte da súa vida como agricultor, polo que non ten estudos superiores.

Como conclusión, tan só me queda dicir que este é un movemento con grandes expectativas e que lanza un raio de esperanza sobre o pobo latinoamericano. Desgraciadamente, temos precedentes históricos como o caso de Salvador Allende en Chile, nos que a revolución se tornou en fracaso, polo que os novos líderes deben de ser prudentes se non queren que a historia se repita. Ler máis...

V de Vendetta

Xa sei que non é moi habitual falar de cine nunha web político-musical. Pero dadas as circunstancias, creo que paga a pena.
¿Como resumir a miña opinión acerca de V de Vendetta? Pois, nunha palabra, sublime. Dende o primeiro fotograma, introdúcese ao espectador nunha atmosfera engaiolante que o mantén atento a cada movemento dos personaxes, e a cada mínimo detalle que permita abiscar o que ocorrerá a continuación. Se a iso lle sumamos un guión sencillamente perfecto, temos un film que é unha ácida crítica da sociedade actual, dos nosos medos e no que poden desembocar. Esta película convídanos a reflexionar acerca de se é admitíbel empregar a violencia ou o terrorismo en determinadas situacións. Creo, que nos tempos que corren, filmes como este son necesarios.

Ler máis...

Metalway Festival 2006

Os vindeiros días 28, 29, e 30 de xullo terá lugar en Guernika o maior evento metaleiro do Estado Españo. Trátase do festival de verán METALWAY. Nel reuniranse bandas da talla de ANNIHILATOR, MINISTRY, CELTIC FROST, THE GATHERING, MY DYING BRYDE, MOONSPELL, NEVERMORE, HELLOWEEN, DARK FUNERAL, GAMMA RAY, GOTTHARD, DREAMAKER, BARON ROJO, SODOM, WITHIN TEMPTATION, EDGUY, JON OLIVAS PAIN (SAVATAGE), THE GATHERING, ILLDISPOSED, PRIMAL FEAR, KREATOR, RAGE, ou STRATOVARIUS. Aínda quedan moitas bandas por confirmar, ademáis dos cabezas de cartel. O bono para os tres días costará sobre 60€. Pode parecer un pouco caro, pero tendo en conta a calidade dos grupos merece a pena facer un pequeno esforzo. Espérase que este festival supere á edición do 2005, que tamén contou cun cartel excelente. Para máis información podedes visitar a páxina www.metalwayfestival.com

Ler máis...