Metalway Festival 2006

Os vindeiros días 28, 29, e 30 de xullo terá lugar en Guernika o maior evento metaleiro do Estado Españo. Trátase do festival de verán METALWAY. Nel reuniranse bandas da talla de ANNIHILATOR, MINISTRY, CELTIC FROST, THE GATHERING, MY DYING BRYDE, MOONSPELL, NEVERMORE, HELLOWEEN, DARK FUNERAL, GAMMA RAY, GOTTHARD, DREAMAKER, BARON ROJO, SODOM, WITHIN TEMPTATION, EDGUY, JON OLIVAS PAIN (SAVATAGE), THE GATHERING, ILLDISPOSED, PRIMAL FEAR, KREATOR, RAGE, ou STRATOVARIUS. Aínda quedan moitas bandas por confirmar, ademáis dos cabezas de cartel. O bono para os tres días costará sobre 60€. Pode parecer un pouco caro, pero tendo en conta a calidade dos grupos merece a pena facer un pequeno esforzo. Espérase que este festival supere á edición do 2005, que tamén contou cun cartel excelente. Para máis información podedes visitar a páxina www.metalwayfestival.com

Ler máis...

A ETA anuncia un cesamento de fogo permanente

Hoxe, martes 22 de marzal do 2006, a banda armada ETA, declarou un cesamento de fogo permanente. Este feito supón un cambio na situación política do Estado Español. Non só pode supoñer o inicio dun proceso de paz no que cese a represión contra o povo de Euskal Herria, se non que trastocará o discurso de tertulianos, partidos políticos, xuíces e policías, que levan anos vivindo a costa do terrorismo. Con isto quero dicir que nos derradeiros anos, xurdiu un grupo de persoas que se estiveron lucrando, censurando, e conseguindo beneficios políticos a costa do problema vasco. Poño por exemplo os inquisidores da AVT (Asociación de Víctimas do Terrorismo), que atentaron contra a liberdade de expresión dun gran número de vascos (persecución e censura de S.A. e de Su Ta Gar); aos usurentos tertulianos que levan vivindo a costa de participar en debates acerca de ETA; ao Foro de Ermua, que boicoteou toda acción que tivese que ver co proceso de liberación de Euskal Herria; aos xuíces que impuxeron medidas antidemocráticas contra as organizacións nazonalistas; e ao Partido Popular, que fundamentou o seu programa político na loita antiterrorista e na "salvagarda da unidade da patria". Non sei como lles irá a toda esta calaña agora que perderon o seu medio de vida. Que non nos extrañe se agora aparece un morto firmado por ETA ou se se desarticula un comando disposto a atentar. Se isto sucede, xa sabemos quen está detrás.

De tódolos xeitos, creo que este cesamento de fogo beneficiará ao povo vasco e a tódolos os nazonalismos en xeral, xa que ETA perdeu o seu sentido despois da caída do Réxime Franquista. Pero bueno, as súas consecuencias aínda están por ver. A ver que nos din no comunicado que publicará mañá o diario Gara.

En fin, a continuación poño o comunicado íntegro que emitiu a banda.

22/03/2006 13:08] Vieiros publica en galego o texto íntegro do comunicado de ETA, publicado orixinalmente en eusquera polos diarios Gara e Berria:


Euskadi Ta Askatasuna decidiu declarar un cesamento de fogo permanente a partir do 24 de marzo de 2006.

O obxectivo desta decisión é impulsar un proceso democrático en Euskal Herria para construír un novo marco no que sexan recoñecidos os dereitos que como Pobo nos corresponden e asegurando de cara ao futuro a posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas.

Ao final dese proceso os ciudadanos vascos deben ter a palabra e a decisión sobre o seu futuro.

Os Estados español e francés deben recoñecer os resultados do devandito proceso democrático, sen ningún tipo de limitacións. A decisión que os cidadáns vascos adoptemos sobre o noso futuro deberá ser respectada.

Facemos un chamamento a todos os axentes para que actúen con responsabilidade e sexan consecuentes ante o paso dado por ETA.

ETA fai un chamamento á autoridades de España e de Francia para que respondan de maneira positiva a esta nova situación, deixando a un lado a represión.

Finalmente, facemos un chamamiento aos cidadáns e cidadás vascas para que se impliquen neste proceso e loiten polos dereitos que como Pobo nos corresponden.

ETA mostra o seu desexo e vontade de que o proceso aberto chegue até o final, e así conseguir unha verdadeira situación democrática para Euskal Herria, superando o conflito de longos anos e construíndo unha paz baseada na xustiza.

Reafirmámonos no compromiso de seguir dando pasos no futuro acordes a esa vontade.

A superación do conflito, aquí e agora, é posíbel. Ese é o desexo e a vontade de ETA.

Euskal Herrian, 2006ko martxoan

Euskadi Ta Askatasuna

E.T.A. Ler máis...

Na Sorbona non hai macrobotellóns

É curioso, cal é o grao de aborregamento da xuventude do Estado Español. Mentres que os nosos homólogos parisinos organízanse e loitan por unha lei laboral xusta, aquí as únicas mobilizacións que hai son para facer macrobotellóns. Mentres que en Francia existe unha conciencia política capaz de rexeitar unha constitución europea, aquí no único en que se pensa é en festa e en borracheira.

Esta situación convídanos a pensar. Se vivimos nunha sociedade tan alienada e na que o apolítico é unha figura maioritaria...¿que será de nós? ¿seremos vítimas da vontade dos gobernantes por non ter unha capacidade organizativa e de loita? Ler máis...

¿Independencia ou federalismo?

É moi habitual, que entre os nacionalistas galegos xurda un debate en torno ao grado de autonomía política que se desexa para a nosa terra. Por un lado, os puramente independendentistas, propugnan unha total separación do Estado Español; mentres que os federalistas confórmanse cun certo grao de autonomía, que pode ser maior ou menos dependendo do partido ou organización. Neste último movemento, cabe destacar dúas grandes faccións: os federalistas ortodoxos e os confederalistas. Os primeiros, avogan pola pertenza a un gran estado e ter unha serie de competencias autónomas. Sempre no marco dunha constitución xeral. Mentres que os confederalistas, defenden unha unión de estados que só compartan política exterior e defensa. Sen constitución común.


Eu, considérome na banda dos confederalistas. Creo que non se debe de propugnar unha independencia total e absoluta, que podería ser o desastre para a nosa economía e ademáis nos inimistaría co Estado Español durante anos. Por iso creo que á hora de exercer o noso merecido dereito de autodeterminación, debemos de avogar por un Estado Confederal, no que non só estén españois, vascos, cataláns e galegos. Se non que tenda a incluir máis e máis estados, creando así unha república solidaria e unida. Ler máis...

¿E tanta leria para isto?

Embaixadas ardento, conflictos diplomáticos, tiroteos, mortos...e todo por uns debuxos. ¿Non vos parece o colmo da irracionalidade, que en pleno século XXI, a tradición e o fanatismo relixioso estean tan arraigados nas nosas sociedades? En fin, aquí tendes os malditos debuxos, xulgade por vos mesmos.























Ler máis...

Bush aumenta os orzamentos militares en detrimento dos programas sociais.

O presidente "electo" dos EEUU, George W. Bush, anunciou unha clara subida dos gastos militares nos orzamentos do próximo ano. Pola contra, o diñeiro destinado a campañas educativas, ao seguro médico gratuito para anciáns e discapacitados verase considerabelmente disminuido. "O meu Goberno focalizou os recursos nacionais na nosa máxima prioridade: a protección dos cidadáns e do noso territorio", xustificouse Bush.

Este o "American way of life" que nos están a vender. Un estado no que os gobernos están ao servizo da industria armamentísticas e petrolífera, onde se lexisla en contra de anciáns e discapacitados, e onde unha opinión pública inquisidora te pode tachar de herexe dicindo que es un antipatriota. Pero como din os da NRA, VOTE FREEDONM FIRST

Ler máis...

¿Que está a ocorrer en América latina?

Últimamente, cando prendemos o televisor ou lemos a sección de internacional de calquer xornal, vemos algunha noticia referente a América latina. Folgas, manifestacións e eleccións copan toda a información que chega deste continente. Pero...¿que está a ocorrer? ¿Por que aparecen en escea líderes dos que nunca oiramos falar? ¿por que volven a ser habituais palabras como nacionalización ou socialismo? A esquerda está renacendo. Lula en Brasil, Chávez en Venezuela, Castro en Cuba, Evo Morales en Bolivia e agora Bachelet en Chile. Todos eles loitan por que o pobo de América latina abandone o estado de pobreza e inxustiza que lles impuxeron fai máis de cincocentos anos. Chegou a hora do cambio. Chegou a época de America latina. Ler máis...